Prendemento de Xesús

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O prendemento de Cristo, de Fra Angelico.

O Prendemento de Xesús é a denominación habitual dun episodio clave dos Evanxeos Canónicos, dentro do ciclo da Paixón de Cristo (que se inicia coa Última Cea e leva, en última instancia, á súa crucifixión).

Xesús, que se atopaba cos seus discípulos no horto das oliveiras (Xetsemaní), é identificado ao recibir o Bico de Xudas (un sinal convido, e símbolo da súa traizón), e arrestado pola policía do Sanedrín, que lle conducirá ante distintas instancias que debaterán o seu axuizamento.

Relato bíblico[editar | editar a fonte]

Prendemento de Cristo 1621. Por Guercino, actualmente no Fitzwilliam Museum, en Cambridge, Reino Unido.

De acordo cos evanxeos canónicos, tras A Última Cea, Xesús e os seus apóstolos foron ata o Xetsemaní, un xardín localizado ás marxes do Val do Cédron, que os académicos cren un monte de oliveiras. Unha vez alí, os evanxelistas descríbeno deixando o grupo para rezar só.[1][2].

Os evanxeos sinópticos afirman que Xesús pediu a Deus que afastase del o sufrimento que estaba por vir, pedindo para non ter que pasar polos eventos vindeiros, deixando así a escolla final para Deus. Lucas afirma que un anxo apareceu e deu forzas a Xesús, que entón retornou aos seus discípulos. Os sinópticos afirman aínda que tres dos discípulos que alí estaban durmiron e que Xesús os criticou por non conseguiren permanecer acordados por unha hora, suxerindo que eles rezasen para evitar a tentación.[2]

Neste punto, Xudas aparece acompañado por unha multitude que inclúe sacerdotes e anciáns xudeus e xente armada. Segundo Xoán, cando o bando entra no xardín á procura de Xesús, el avanza e di "A quen buscades?". O bando responde "A Xesús o Nazareno" e Xesús finalmente responde "Son eu." neste punto todos os membros do grupo que viña a arrestalo caeron ao chan.[2][3]

En seguida, Xudas da un bico a Xesús, un sinal pre-acordado cos que o acompañaban para mostrar quen era Xesús. Sendo identificado, o bando prende Xesús, mesmo tras un dos discípulos tratou de impedirllo cortando a orella dun dos homes coa súa espada, que Xesús inmediatamente curou segundo Lucas. Xoán di claramente que foi Simón Pedro quen cortou a orella de Malco, un servo de Caifás, o sumo-sacerdote. Xoán, Mateu e Lucas afirman que Xesús criticou a violencia e insistiu que non houbese máis resistencia. En Mateu, Xesús entón profire unha das súas máis famosas frases: Garda a túa espada; pois todos os que toman a espada, morrerán á espada.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Synoptics: Matthew, Mark, Luke by Ján Majerník, Joseph Ponessa, Laurie Watson Manhardt 2005 ISBN 1-931018-31-6 page 169
  2. 2,0 2,1 2,2 The Bible Knowledge Commentary: New Testament edited by John F. Walvoord, Roy B. Zuck 1983 ISBN 978-0-88207-812-0 pages 83-85
  3. The Bible Knowledge Background Commentary: Matthew-Luke, Volume 1 by Craig A. Evans 2003 ISBN 0-7814-3868-3 page 487-500
  4. Mateo 26 52

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]