Preferente Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Preferente Galicia
Encontro UD Ourense - Villalonga CF
no Estadio do Couto, tempada 2021-22.
Fundación1940
RexiónGalicia
Equipos50
AscensoTerceira División
DescensoPrimeira Galicia
Actual campiónNoia (norte) e Atlético Arnoia (sur)
OrganizadorFGF
Sitio webfutgal.es
Preferente Galicia 2022–23

A Preferente Galicia[1] é a sexta categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Terceira División e por encima da Primeira Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol. Anteriormente coñeceuse como Serie A Rexional e despois como Rexional Preferente e Preferente Autonómica.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicialmente, a Serie A era a máxima categoría do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol, ata que, en 1940, a Real Federación Española de Fútbol ordenou cun decreto a supresión de facto de tódolos campionatos rexionais, incluído o Campionato de Galicia, excluíndo da participación nos mesmos aos clubs que xa militasen simultaneamente en categorías estatais[2] e modificando o sistema de clasificación para a Copa de España, que a partir de entón sería outorgada segundo a posición final acadada nas ligas estatais e non mediante os campionatos rexionais[3]. A decisión da RFEF transformou a Serie A na primeira categoría territorial de Galicia dentro do sistema de divisións estatal, facendo que os equipos galegos que militaban en divisións estatais xa non tomasen parte da Serie A. Denantes de 1940, os clubs galegos que xogaban en categorías estatais tamén participaban na Serie A do Campionato de Galicia ao mesmo tempo.

A pesar dos cambios, mantívose a denominación Serie A durante varias décadas ata que a competición trocou o seu nome polo de Preferente.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Distribución xeográfica dos equipos que xogan na Preferente Galega, tempada 2010-11

A categoría está formada por 50 equipos repartidos en dous grupos:

  • Preferente Norte, formada por equipos das provincias de Lugo e A Coruña, e subdividido á súa vez en dous subgrupos (A e B).
  • Preferente Sur, formada por equipos das provincias de Ourense e Pontevedra, e subdividido á súa vez en dous subgrupos (A e B).

Anteriormente a competición estaba formada por 40 equipos, divididos en dous grupos (Norte e Sur). Aínda que esta era a norma xeral, na tempada 2010–11 a Preferente Norte contou con 21 equipos logo do descenso administrativo da SD Compostela e dado que os equipos con opcións de ascender no seu sitio, o CD Dorneda e o CD Choco, non puideron aboar a cantidade que lles esixía a Federación Galega de Fútbol para a compra da praza.[4]

Ao finalizar a tempada, os primeiros e os segundos de cada grupo ascendían directamente ao grupo 1 da Terceira División. Os terceiros de cada grupo xogaban unha promoción de ascenso entre si, pero o cambio de categoría dependían do que sucedía cos ascensos e descensos entre a Segunda B e a Terceira. Os tres últimos equipos descendían á Primeira Autonómica de Galicia.

Debido á situación sanitaria provocada pola pandemia de COVID-19, o sistema de competición cambiou a partir da tempada 2020/21. Os cinco primeiros de cada subgrupo acceden á fase de ascenso a Terceira, mentres que os clasificados do 6º ao 12º ou 13º posto pasan á fase de permanencia para evitar o descenso á Primeira Galicia.

Participantes[editar | editar a fonte]

Árbitro, asistentes e capitáns do CD Boiro e CD Lalín na Preferente Galicia 2023-24.

Preferente Norte[editar | editar a fonte]

Subgrupo A
Equipo Lugar Estadio
Agrupación Estudiantil Santiago de Compostela Santa Isabel
Atlético Arteixo Arteixo Ponte dos Brozos
Boimorto Boimorto O Carballal
Boiro Boiro Barraña
Dubra Val do Dubra Juan Baleato
Fisterra Fisterra Ara Solis
Laracha A Laracha Municipal da Laracha
O Pino O Pino Reboredo
Unión Deportiva Paiosaco Paiosaco A Porta Santa
Puebla FC A Pobra do Caramiñal A Alta
Sigüeiro FC Sigüeiro, Oroso, Oroso Lino Balado
Xallas Santa Comba A Fontenla
Subgrupo B
Equipo Lugar Estadio
Atlético Escairón Escairón, Vilasante, O Saviñao Municipal do Saviñao
As Pontes As Pontes de García Rodríguez O Poboado
Betanzos Betanzos García Hermanos
Foz Foz Martínez Otero
Galicia de Mugardos Mugardos A Pedreira
Lemos Monforte de Lemos A Pinguela
Montañeros A Coruña Rodrigo García Vizoso
Residencia Lugo A Cheda
Ribadeo Ribadeo Pepe Barrera
Santaballés Vilalba A Liga
San Tirso Abegondo O Monte
Sarriana Sarria A Ribela
Victoria CF A Coruña San Pedro de Visma 1

Preferente Sur[editar | editar a fonte]

Centro Deportivo Municipal de Pardellas.
Subgrupo A
Equipo Lugar Estadio
Beluso Beluso, Bueu As Laxes
Céltiga A Illa de Arousa Salvador Otero
Gran Peña Vigo Barreiro
Moaña Moaña Iago Aspas Juncal - O Casal
Pontevedra B Pontevedra Manolo Barreiro 1
Portonovo Portonovo, Adina, Sanxenxo Baltar
Ribadumia Ribadumia A Senra
Umia CF Ribadumia A Bouza
Valadares Vigo A Gándara
Villalonga Sanxenxo San Pedro
Xuventude de Cambados Cambados Burgáns
Xuventude Sanxenxo Sanxenxo Baltar de Arriba
Subgrupo B
Equipo Lugar Estadio
Atios O Porriño O Carballo
Barbadás Barbadás Os Carrís
Caselas Salceda de Caselas A Gándara
Cultural Areas Ponteareas A Lomba
Mondariz Mondariz A Lagoa
Nogueira de Ramuín Nogueira de Ramuín A Tella
UD Ourense Ourense O Couto
Polígono San Cibrao San Cibrao das Viñas Antonio González Blanco
Pontellas Pontellas, O Porriño San Campio 2
Porriño Industrial O Porriño O Lourambal 1
Sporting Guardés A Guarda A Sangriña
Velle Ourense Monte da Aira
Verín Verín José Arjiz

Historial[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Equipos que ascenderon a Terceira
1940-41 Vigués FC Vigués FC
1941-42 Club Coruña Non houbo ascensos
1942-43 Lugo Sporting UD Ourensana e Pontevedra CF
1943-44 Club Turista Club Turista
1944-45 Rápido de Bouzas Non houbo ascensos
1945-46 Deportivo Xuvenil Deportivo Xuvenil
1946-47 CD Coia Arousa
1947-48 Club Turista Non houbo ascensos
1948–49 Club Lemos Club Lemos
1949–50 Marín Non houbo ascensos
1950–51 Club Turista Non houbo ascensos
1951–52 Marín Marín
1952–53 Club Turista Club Turista
1953–54 Fabril Fabril
1954–55 Club Arenal Non houbo ascensos
1955–56 Club Santiago Club Santiago e Marín
1956–57 CD Cambados CD Cambados, Choco e Club Arenal
1957–58 SD Avenida Pontevedra CF e Viveiro
1958–59 Club Lemos Club Lemos e Coruxo
1959–60 Marín Marín e Choco
1960–61 Couto Couto e Alondras
1961–62 Foz Foz e Bueu SD
1962–63 SD Compostela SD Compostela e Choco
1963–64 As Pontes As Pontes e Arenteiro
1964–65 Rápido de Bouzas Rápido de Bouzas e Brigantium
1965–66 Arsenal de Ferrol Arsenal de Ferrol e As Pontes
1966–67 Atlético Pontevedrés Atlético Pontevedrés e Ordes
1967–68 Choco Non houbo ascensos
1968–69 Club Turista Club Turista
1969–70 Club Lemos Club Lemos
1970–71 SD Compostela SD Compostela e Fabril
1971–72 Gran Peña Gran Peña
1972–73 CD Lugo CD Lugo
1973–74 Gran Peña Gran Peña
1974–75 Arousa Arousa
1975–76 SD Compostela SD Compostela e Gran Peña
1976–77 Fabril Fabril, Sporting Celanova, Club Turista, CX Cambados e Noia SD
1977–78 Alondras Alondras
1978–79 Atlético de Ribeira Atlético de Ribeira e Noia SD
1979–80 Vista Alegre Vista Alegre, Club Lemos, Flavia, Boiro, Choco, Porriño Industrial, Arenteiro, San Martiño, Céltiga e Fisterra
1980–81 Viveiro Viveiro, Lalín e Verín
Tempada Campión Grupo Norte Campión Grupo Sur Equipos que ascenderon a Terceira
En amarelo, equipos que foron campións absolutos tras gañar a final entre os vencedores de ambos os dous grupos.
1981–82 Eume Deportivo Barco Eume Deportivo, Barco e Gondomar
1982–83 Noia SD Céltiga Noia SD, Céltiga e Tyde CF
1983–84 Boiro Coruxo Boiro, Coruxo e As Pontes
1984–85 Flavia Portonovo Flavia, Portonovo e Marín
1985–86 Bergantiños Gondomar Gondomar e Bergantiños
1986–87 Club Lemos Tyde CF Club Lemos, Tyde CF, Pobra FC, CX Cambados, Valadares e Sporting Sada
1987–88 Viveiro Vilalonga Viveiro, Vilalonga, Brigantium e Ponteareas
1988–89 Ordes Celta Turista Celta Turista, Ordes e Burela
1989–90 Sporting Sada Alondras Sporting Sada, Alondras e Meirás CF
1990–91 SD Mindoniense Estradense SD Mindoniense, Estradense, Flavia e Coruxo
1991–92 Racing Vilalbés Caselas Racing Vilalbés, Caselas, Portonovo e Xove Lago
1992–93 Betanzos CD Mosteiro Betanzos, CD Mosteiro e Somozas
1993–94 Cerceda Ponte Ourense Cerceda, Ponte Ourense e Gran Peña
1994–95 Ribadeo CD Mosteiro Ribadeo, CD Mosteiro, SD Mindoniense, Flavia e Coruxo
1995–96 Vista Alegre CX Cambados Vista Alegre, CX Cambados, Club Lemos e Gondomar
1996–97 Laracha Xuventú de Sanxenxo Laracha, Xuventú de Sanxenxo e Imperátor
1997–98 Atlético Arteixo Atlético Ourense Atlético Arteixo, Atlético Ourense e Alondras
1998–99 Racing Vilalbés Deportivo Grove Racing Vilalbés, Deportivo Grove e Rápido de Bouzas
1999–00 SCD Malpica Caselas SCD Malpica, Caselas, Sporting Pontenova e Verín
2000–01 Negreira Arousa Negreira, Arousa e Atlético Arteixo
2001–02 Bergantiños Portonovo Bergantiños, Portonovo e Sporting Guardés
2002–03 Narón Balompé Piñeiros Porriño Industrial Narón Balompé Piñeiros, Porriño Industrial e Coruxo
2003–04 O Val Vilalonga O Val, Vilalonga, Alondras e Viveiro
2004–05 Atlético Mineiro Céltiga Atlético Mineiro, Céltiga e Club Lemos
2005–06 Ordes Ourense B Ordes, Ourense B e Cruceiro do Hío
2006–07 Montañeros Pontevedra B Montañeros, Pontevedra B e Cidade de Santiago
2007–08 SD Compostela Gran Peña SD Compostela, Gran Peña e Somozas
2008–09 Racing Vilalbés Cultural Areas Racing Vilalbés, Cultural Areas e Bergantiños
2009–10 Mesón do Bento Portonovo Mesón do Bento, Portonovo, Estradense e As Pontes
2010–11 Betanzos Lalín Betanzos, Lalín, CD Dorneda e Xuventú de Sanxenxo
2011–12 SD Compostela Barbadás Compostela, Narón, Barbadás e Céltiga
2012–13 Boiro Cultural Areas Boiro, Grixoa, Bertamiráns, Cultural Areas, Choco e Arousa
2013–14 Ribadeo Ribadumia Ribadeo, Ribadumia, Bergantiños, Xuventú de Sanxenxo e Silva
2014–15 Negreira Barco Negreira, Barco, Galicia de Mugardos, Verín e Noia CF
2015–16 CD Castro Vilalonga CD Castro, Vilalonga, SD Dubra e Céltiga
2016–17 Noia CF Cultural Areas Noia CF, Cultural Areas, Laracha, Ourense CF e Arenteiro
2017–18 Polvorín FC UD Ourense Polvorín FC, UD Paiosaco, UD Ourense e Porriño Industrial CF
2018–19 CD As Pontes CD Pontellas CD As Pontes, CSD Arzúa, CD Pontellas e CD Estradense
2019–20 Viveiro CF CD Ribadumia Viveiro CF, SD Fisterra, CD Ribadumia e UD Atios
2020–21 CF Noia Atlético Arnoia CF Noia, SD Sofán, Atlético Arnoia, Xuvenil de Ponteareas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Circular nº7 Preferente Galicia Federación Galega de Fútbol
  2. "Deportes. Cuándo se jugará la Copa del Generalísimo y cómo se jugará la próxima competición de Liga". La Región nº 7.928 (en castelán). 24 de abril de 1940. p. 3. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015. 
  3. Copa del Generalísimo 1941 linguasport.com
  4. El Choco denunciará a la Federación si le niega el ascenso, Faro de Vigo, 4/8/2010

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]