Praia da Torre de Sant Vicent
Praia da Torre de Sant Vicent | |
---|---|
Coordenadas: 40°02′58″N 0°04′22″L / 40.049499999699, 0.072799999732736 | |
Características xerais | |
Localización | Benicàssim |
Lonxitude | 650 m |
Largo medio | 85 m |
Grao de ocupación | Alta |
Características específicas | |
Tipo de area | Fina e dourada |
A praia da Torre de Sant Vicent é unha praia do concello de Benicàssim, na provincia de Castelló. Ten unha lonxitude de 650 metros e limita ao norte coa praia de l'Almadrava e ao sur coa praia de Els Terrers.
Atópase xunto á Torre de Sant Vicent e o paseo marítimo da cidade, con moitas terrazas. No mar, unha plataforma flotante serve de punto de reunión. Ten o distintivo de bandeira azul.