Portomouro, Val do Dubra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portomouro
O río Tambre ó seu paso por Portomouro.
ConcelloVal do Dubra[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°57′40″N 8°38′53″O / 42.9612, -8.6481Coordenadas: 42°57′40″N 8°38′53″O / 42.9612, -8.6481
Área6,75 km²
Poboación358 hab. (2020)
Densidade53,04 hab./km²
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cristovo de Portomouro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2020 ten 358 habitantes (189 mulleres e 169 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 422 habitantes, e 1999, con 482.

Situación[editar | editar a fonte]

Portomouro atópase no cruzamento de camiños que van dende Santiago de Compostela cara ao norte, para as terras de Bergantiños (Carballo) pola AC-1914, e para as terras do Xallas (Santa Comba) pola AC-404.

Economía[editar | editar a fonte]

Portomouro vive principalmente do sector servizos e do traballo co gando vacún. Subsisten explotacións particulares de produción leiteira para a industria láctea complementada coa recría para a venda.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Como recursos naturais e etnolóxicos destacan os paseos nas beiras do río Tambre, con vexetación autóctona (carballos, bidueiros, amieiros, freixos etc.).

A Pedra do Home é un conxunto de tres sepulturas antropomorfas.

Nesta parroquia sitúase a capela prerrománica de Novais que podería datar entre os séculos IX-X[2]. Esta capela, podería ter a orixe no mosteiro de Novalis, mencionado na Historia compostellana no ano 1108[3], nunha doazón onde se sinala o sitio como in ripa Tameris de Monasterio Novallis[4]. O territorio do mosteiro foi afectado pola desamortización de Mendizábal no século XIX. A Igrexa perdeu o terreo pero, tras pasar por mans dunha familia adiñeirada, volveu caer en mans do arcebispado de Compostela. A Igrexa esqueceu estas terras durante máis de 100 anos e no 2006 quixo reclamar a renda a unha parella de labregos: Carmen Barca e José Lamas. Os devanceiros de José Lamas traballaron estas terras de Val do Dubra a cambio dun arrendamento en especie, tivo que pagarlle á Igrexa 8 toneladas de millo, 320 quilos de fabas brancas e 3,76 €.

A finais de novembro de 2021[5] diferentes administracións reuníronse para informar que a Xunta de Galicia iniciou os traballos de prospección arqueolóxica, estudo e documentación dos restos desta capela. Esta actuación permitirá coñecer as orixes desta edificación e poñer en valor os xacementos arqueolóxicos máis significativos de Galicia. En concreto, a intervención vaise centrar no estudo deste ben para documentalo de cara a súa catalogación e protección futura. Para iso, vaise realizar unha prospección arqueolóxica intensiva dos restos da capela e do contorno inmediato, así como un estudo histórico da mesma que incluirá, polo menos, a busca de información nos arquivos parroquiais próximos ao lugar e máis no Arquivo Histórico Diocesano.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Portomouro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Portomouro no concello de Val do Dubra (A Coruña)

Cernadas | Novais | Portomouro de Abaixo | Portomouro de Arriba | Xermán


Parroquias de Val do Dubra[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Val do Dubra

Arabexo (Santa María) | Bembibre (San Salvador) | Buxán (Santiago) | Coucieiro (San Martiño) | Erviñou (San Cristovo) | Niveiro (San Vicente) | Paramos (Santa María) | Portomeiro (San Cosme) | Portomouro (San Cristovo) | Rial (San Vicente) | San Román (Santa Mariña) | Vilariño (San Pedro)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "Polo norte compostelán. A Pedra do Paraugas ou a Corte das Cabras, o Grisario, o petróglifo do Castro de Portomouro e a intrigante capela de Novais". Colectivo A Rula. 
  3. Pérez, Samuel. "Restauran a capela do mosteiro onde se pagaron os últimos foros en Galicia". Historia de Galicia. Consultado o 21/12/2021. 
  4. Vieites, Elixio. "Capela de Novais". Patrimonio Galego. Consultado o 21/12/2021. 
  5. "A Xunta investigará o pasado da capela de Novais, no concello de Val do Dubra". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 21/12/2021. Consultado o 21/12/2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]