Portland, Oregón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPortland, Oregón
Portland (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aPortland Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°31′N 122°40′O / 45.52, -122.67Coordenadas: 45°31′N 122°40′O / 45.52, -122.67
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoOregón
County of Oregon (en) TraducirCondado de Multnomah (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación652.503 (2020) Editar o valor em Wikidata (1.736,28 hab./km²)
Número de fogares277.142 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaPortland metropolitan area (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:2.512.859) Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie375,805526 km² Editar o valor em Wikidata
Auga8,0359 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Willamette e Río Columbia Editar o valor em Wikidata
Altitude152 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Portland, Oregon (en) Traducir Editar o valor em WikidataTed Wheeler (pt) Traducir (2017–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal97086–97299 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico503 e 971 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webportlandoregon.gov Editar o valor em Wikidata
Facebook: notifypdx Twitter: PortlandGov Editar o valor em Wikidata

Portland é a maior cidade do estado de Oregón, no noroeste dos Estados Unidos.[1] Situada á beira do río Willamette na súa confluencia co Columbia, é un importante porto fluvial, centro comercial, industrial e de servizos.[2]

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación da cidade aumentou desde os 583.776 habitantes de seu rexistrados no censo de 2010, alcanzando os 652.503 en 2020.[3]

A súa área metropolitana alberga a máis de dous millóns de persoas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Portland está posicionada no val do río Willamette. A cidade está flanqueada polos montes Tualatin ao sur, pola cadea montañosa das Cascadas ao leste, e polo río Columbia ao norte, ofrecendo unha paisaxe diversa. Esta posición xogou un papel crucial no seu desenvolvemento como un importante centro de comercio e transporte, aproveitando a súa proximidade aos ríos e a súa conexión co océano Pacífico.

O monte Hood, situado a uns 80 quilómetros ao leste de Portland, é o cumio máis alto de Oregón e un dos volcáns máis prominentes da cadea das Cascadas, elevándose a unha altitude de 3.429 metros. O seu cumio nevado é visíbel de moitos puntos da cidade, converténdose nun símbolo icónico de Portland. A zona ao redor do monte Hood ofrece moitas oportunidades para actividades ao aire libre, incluíndo sendeirismo, esquí e alpinismo.

Historia[editar | editar a fonte]

Século XIX[editar | editar a fonte]

Portland e o monte Hood.

En terras ocupadas durante séculos polos indios chinook e coñecida dos colonos, comerciantes e trampeiros "brancos" dende 1829 coma The Clearing (unha pequena parada na ruta do noroeste pola costa) foi fundada entre 1843 e 1845 polos pioneiros W. Overton, A. Lovejoy e F.W. Pettygrove, este último natural de Portland (Maine) noutro extremo do país, e por quen foi nomeada.

Creceu como centro de fornecemento dos buscadores de ouro durante as febres do ouro en California (1850) e Alasca (1890). O ferrocarril transcontinental, que a partir de 1880 a conectaba co leste dos Estados Unidos, favoreceu a súa industrialización.

Século XX[editar | editar a fonte]

Na primeira metade do século XX, a cidade continuou a expandirse e modernizarse, a pesar dos retos da Gran Depresión e das dúas guerras mundiais. Nos anos 60 e anos 70, Portland foi pioneira en políticas de planificación urbana e protección ambiental, establecendo un límite de crecemento urbano para preservar terras agrícolas e espazos verdes, e fomentando o transporte público.

Economía[editar | editar a fonte]

Portland é coñecida pola súa forte economía, cunha boa presenza de industrias como a tecnoloxía, a fabricación en cadea e o comercio. Tamén é un importante centro para as industrias creativas, incluíndo a arte, música e deseño. A axencia pública de desenvolvemento Prosper Portland opera baixo a supervisión dun consello directivo e traballa en colaboración coa Alcaldía e o Consello Municipal de Portland, así como con outras entidades públicas, empresas privadas e comunidades locais.[4]

Cultura[editar | editar a fonte]

A cidade é famosa pola súa vida cultural vibrante, con numerosos museos, galerías de arte, teatros e espazos musicais.

Portland ten tamén unha grande cultura do café e a cervexa artesanal, con moitas cervexerías e cafeterías locais.

Educación[editar | editar a fonte]

A cidade ten unha rede de escolas públicas e privadas de educación primaria e secundaria e alberga tamén varias institucións de ensino superior, incluíndo a Universidade de Portland (University of Portland) e a Universidade Estatal de Portland (PSU).

Notas

  1. "Portland ; History, Description, Map, & Facts". www.britannica.com (en inglés). 2023-10-26. Consultado o 2023-10-28. 
  2. "Portland, Oregon - The Official City Guide". The Official Guide to Portland (en inglés). Consultado o 2023-10-28. 
  3. "U.S. Census Bureau QuickFacts: Portland city, Oregon". www.census.gov (en inglés). Consultado o 2023-10-28. 
  4. Norwood, Lisa. "Frequently Asked Questions". Prosper Portland (en inglés). Consultado o 2023-10-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]