Ponte do Milenio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°20′44″N 7°52′27″O / 42.345677710541, -7.8742029405824

Ponte do Milenio
Localización
RíoRío Miño
ConcelloOurense
ProvinciaOurense
Características
Construción2001[1]
Lonxitude277,80 m
Ancho23 m
TipoSistema de tirantes e piares
Materialformigón e metal

A ponte do Milenio, tamén coñecida como ponte da Gaivota pola súa forma, é a quinta ponte da cidade de Ourense e está situada entre a ponte Maior e a ponte da Nacional 525 (Benavente-Santiago). Ten un deseño interesante e destacado por unha pasarela que a envolve a modo de anel que se deforma para elevarse por encima e baixar polos laterais. Por este anel, pódese camiñar até 20 m de altura por riba da ponte cunha traxectoria de 100 chanzos. A lonxitude do van central é de 110 m cunha pendente de 2.57% e un radio de 320 m[2].

Descrición[editar | editar a fonte]

A ponte está constituída por dous niveis. O nivel inferior é unha plataforma de formigón que forma a ponte en si mesma e pola que transitan vehículos e peóns. Un sistema de tirantes e dous piares metálicos inclinados, situados nos extremos, sustentan a plataforma de circulación. O segundo nivel da ponte está constituído pola pasarela peonil que descende polas beiras laterais por debaixo da plataforma e ascende até unirse cos extremos que proceden do outro lateral por encima da ponte formando unha especie de aro deformado que se adapta á ponte de modo envolvente. Este paseo envolvente é transitábel e proporciona unhas vistas interesante da paisaxe do río e da cidade. A obra realizouse entre abril de 1999 e agosto de 2001.[2]

Acceso[editar | editar a fonte]

Accédese desde a estrada N-525 en dirección ao centro da cidade pola Rúa dos Remedios. Ten dobre sentido de circulación e desemboca nos seus extremos en senllas rotondas.

Responsábeis do proxecto[editar | editar a fonte]

O proxecto é do arquitecto Álvaro Varela de Ugarte, da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, máster en Arquitectura pola Universidade Yale e doutor pola Universidade de Toquio. O desenvolvemento da enxeñería foi de Pondio Ingenieros s.l. e a empresa construtora foi UTE Ponte Miño (ACS / OCA).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Información de Turirsmo.gal
  2. 2,0 2,1 "Información da Web do arquitecto". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 12 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]