Pomba mensaxeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pomba mensaxeira

Unha pomba mensaxeira é unha variedade de pomba brava (Columba livia) que se adestra para que volte ao seu pombal desde longas distancias levando algún tipo de mensaxe ou carta, chamadas columbogramas, nun tubo anular que se lles coloca nunha pata.

Segundo a tradición bíblica, a máis antiga pomba mensaxeira foi a que lle levou a Noé a mensaxe do retroceso das augas despois do diluvio ao regresar cunha póla de oliveira no peteiro, converténdose no símbolo da paz, pomba da paz. O certo é que a utilización da pomba como medio de comunicación coñécese desde a antigüidade: os gregos transmitían ás cidades os nomes dos gañadores dos Xogos Olímpicos por medio de pombas e as lexións romanas contaban con pombais móbiles que acollían milleiros de exemplares. Os árabes perfeccionaron o seu uso e utilizáronas, por exemplo, contra os cruzados en Terra Santa para coñeceren os seus movementos. Existiron servizos de correo regulares por medio de pombas mensaxeiras e emitíronse selos de uso exclusivo para estes servizos.

A utilización da pomba mensaxeira como medio de comunicación diminuíu coa aparición da telegrafía sen fíos. Actualmente o seu uso é case exclusivamente deportivo aínda que os diferentes exércitos manteñen unidades especializadas para casos de conflitos militares que leven aparellado o colapso das comunicacións.[Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]