Podgorica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPodgorica
Imaxe

Nomeado en referencia aJosip Broz Tito e Gorica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 42°26′29″N 19°15′46″L / 42.4414, 19.2628Coordenadas: 42°26′29″N 19°15′46″L / 42.4414, 19.2628
EstadoMontenegro
ConcelloPodgorica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación150.977 (2011) Editar o valor em Wikidata (125,29 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.205 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRibnica (en) Traducir e Rio Moraca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude45 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoOlivera Injac (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal81000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico20 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webpodgorica.me Editar o valor em Wikidata

Podgorica (en alfabeto cirílico serbio Подгорица; IPA [ˈpɔdgɔˌriʦa]) a antiga Titograd e, antes, Ribnica) é a capital de Montenegro e a cabeza do concello homónimo. A súa poboación atinxe 139.500 habitantes. Antes da separación de Serbia e Montenegro era unha simple capital xudicial do país. En galego-portugués é, ás veces, transcrita Podgóritsa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase situada a 44 msnm. A cidade érguese na confluencia dos ríos Ribnica e Morača, que se unen entre a fértil chaira de Zeta e o val de Bjelopavlići. A súa situación converteuna en meta de asentamentos turísticos, pois está a uns 60 km das estacións de esquí invernais e a unha distancia semellante das localidades marítimas da costa do mar Adriático (88 km até Kotor). A distancia ao lago Scutari, o maior lago dos Balcáns, é aínda menor.

Toponimia[editar | editar a fonte]

No Medioevo respondía ao nome de Ribnica. No século XIV tomou o de Podgorica. Entre 1945 e 1992 foi renomeada como Titograd, é dicir "cidade de Tito", en honra do ditador comunista Tito. Podgorica significa "baixo o Gorica", por estar ao pé do outeiro Gorica. En 1992 por medio dun referendo restabeleceuse o nome anterior.

Historia[editar | editar a fonte]

Pazo do Concello.

Entre 1466 e 1878 formou parte do Imperio Otomán, e máis tarde do novo reino de Montenegro. Acabada a primeira guerra mundial, en 1918 reuniuse aquí a Grande Asemblea Nacional Serbia que votou a favor da unión das repúblicas de Serbia e Montenegro, creada o 29 de novembro dese mesmo ano. O 1 de decembro esta federación uniuse ao Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, acabado de crear.

En 1941, durante a segunda guerra mundial, Podgorica foi ocupada polas tropas italianas do réxime fascista, que foron logo substituídas polo exército nazi alemán. Os bombardeos efectuados polas tropas aliadas en 1944, produciron graves estragos en toda a cidade, matando gran parte da poboación e destruíndo a maior porción do seu patrimonio arquitectónico e cultural, do que pouca cousa ficou. A cidade pasou a ser reconstruída desde 1945 e foi nomeada capital da nova república federal de Montenegro, posto que tradicionalmente ostentara a próxima cidade de Cetinje, e tamén mudou seu nome.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de san Xurxo (século X)
  • Torre do Reloxo
  • Ponte Vella
  • Cidadela