Pobo moriori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo moriori
Moriori no século XIX.
Poboación
Poboación total:
c  700
Rexións principais:
Illas Chatham36 (censo de 2013)[1]
Illa Norte354 (censo de 2013)[1]
Illa Sur348 (censo de 2013)[1]
AustraliaDescoñecida[2]
Aspectos culturais
LinguaMoriori, inglés e maorí
Relixióncristianismo, incluíndo Rātana[1]
Grupos
relacionados
Maorís, outros pobos da Polinesia,
Austranesios

Os moriori[3] son un pobo indíxena das illas Chatham (Rēkohu en lingua moriori, Wharekauri en lingua maorí), un arquipélago ó leste de Nova Zelandia, no océano Pacífico. Son un pobo que vive segundo un código de non violencia e resistencia pasiva (véxase Nunuku-whenua), o cal fixo que os invasores maorís taranaki case os exterminaran na década de 1830.

As illas Chatham dende o espazo. A illa Chatham é a meirande, a illa Pitt é a segunda máis grande, e a illa Sueste é a máis pequena, á dereita de Pitt.

Durante comezos do século XX, críase erroneamente que os moriori eran os habitantes pre-maorís de Nova Zelandia, lingüística e xeneticamente diferentes dos maorís, e posiblemente melanesios. Esta teoría, incorporada na hipótese de Percy Smith "Great Fleet", foi amplamente aceptada durante comezos do século XX. Porén, a hipótese non foi sempre aceptada.[4]

A finais do século XX, a hipótese de que os moriori eran diferentes dos maorís foi desbotada polos arqueólogos, que consideraron que os moriori foron colonos maorís nas illas Chatham que chegaron no século XVI. A primeira hipótese foi desacreditada entre a década de 1960 e a de 1970.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Statistics New Zealand (ed.). "Moriori Population and Geography". stats.govt.nz. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  2. Berry, Ruth. "Moriori homecoming celebrates code of non-violence". nzherald.co.nz. APN News & Media. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  3. Definición de moriori no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. See 1904 paper by A. Shand on The Early History of the Morioris
  5. Campbell, Matthew (2008). Islands of Inquiry: Colonisation, seafaring and the archaeology of maritime landscapes 29. Canberra: ANU E Press, Australian National University. ISBN 978-1-921313-90-5. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 01 de maio de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]