Placenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación da placenta.
Placenta ao pouco de ser extraída.

A placenta (do latín torta plana referíndose á súa aparencia en humanos[1][2]) é un órgano presente na maioría dos mamíferos (os marsupiais, por exemplo, non producen placenta) e que relaciona estreitamente ao bebé coa súa nai e atende as necesidades de respiración, nutrición e excreción do feto durante o seu desenvolvemento. A placenta desenvólvese a partir das mesmas células que deron lugar ao feto e ten dous compoñentes, unha porción fetal, o corion frondoso e unha porción materna ou decidua basal.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A placenta humana é de tipo hemocorial (ou discoidal), que quere dicir que o tecido fetal penetra o endometrio ata o punto de estar en contacto co sangue materno. Este tipo de placenta é a que presentan todos os primates e os roedores[3]. Porén, entre os mamíferos existen outros tipos de placenta:

  • Endoteliocorial: onde o corion penetra no endometrio, chegando a tocar os vasos da nai. É unha característica de animais carnívoros, como o gato, o can ou o lobo[4].
  • Sindesmocorial: nela o epitelio da mucosa uterina segue intacta, pero o trofoblasto chega a ter contacto co tecido uterino permitindo o paso de nutrientes necesarios. Existe en ruminantes como a ovella.
  • Epiteliocorial: o corion toca lixeiramente o endometrio materno, pero non o penetra, como é o caso da porca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. How to make a placenta: mechanisms of trophoblast cell differentiation in mice--a review. Placenta. 2005 Apr;26 Suppl A:S3-9.
  2. Williams Obstetrics, 18th Edition, F. Gary Cunningham, M.D., Paul C. MacDonald, M.D., Norman F. Grant, M.D., Appleton & Lange, Publishers.
  3. Leonardo J. De Luca (Laboratorios Burnet). Aborto bovino. Arquivado 05 de setembro de 2008 en Wayback Machine. Último acceso 17 de xaneiro de 2008.
  4. Escola Universitaria Enxeñería Técnica Agrícola. Estrutura e fisioloxía da placenta (en castelán). Arquivado 11 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. Tipos de placenta: imaxes. Arquivado 06 de decembro de 2008 en Wayback Machine. Último acceso 17 de xaneiro de 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]