Placa africana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     A Placa africana, de cor laranxa escura, incluíndo a placa somalí, que actualmente está en proceso de formación desde a placa africana.[1]

A placa africana é unha placa tectónica da litosfera da Terra que cobre África e que se estende cara ao oeste ata a dorsal mesoatlántica mentres polo leste está a se formar a nova placa somalí que acabará por se afastar da africana e converterá o Gran Val do Rift nunha dorsal oceánica. A placa abrangue varios bloques continentais estables de rochas vellas, as cales formaron o continente africano durante a existencia de Gondwana hai uns 550 millóns de anos, eses bloques son, do sur ao norte, o Kalahari, República Democrática do Congo, Sáhara e mais o bloque africano do oeste.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chorowicz, Jean (2005). "The East African rift system". Journal of African Earth Sciences (en inglés) 43 (1–3): 379–410. Bibcode:2005JAfES..43..379C. doi:10.1016/j.jafrearsci.2005.07.019. 
  2. Strahler, Arthur N. (1992). "12". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 260, 338. ISBN 84-282-0770-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]