Piloña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPiloña
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°20′03″N 5°19′51″O / 43.3343, -5.3308Coordenadas: 43°20′03″N 5°19′51″O / 43.3343, -5.3308
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor em Wikidata
CapitalL'Infiestu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Coya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación6.822 (2023) Editar o valor em Wikidata (24,03 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie283,89 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Piloña (en) Traducir Editar o valor em WikidataIván Allende Toraño (en) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33530 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33049 Editar o valor em Wikidata

Sitio webayto-pilona.es Editar o valor em Wikidata

Piloña é un concello de Asturias, situado a oriente do seu territorio. Linda polo norte con Villaviciosa e Colunga, polo leste con Parres, polo oeste con Nava e Cabranes e polo sur con Ponga, Casu e Sobrescobiu. A capital municipal é a localidade de L'Infiestu. Segundo o INE, en 2007 tiña 8243 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A área municipal é de 283,89 km². O territorio de Piloña é montañoso, con vales profundos e estreitos, e montes non moi altos, mais de pendente pronunciada. A maior parte do terreo municipal corresponde a unha depresión terciaria, de dirección leste-oeste, que percorre o río Piloña. Coñécense bos bancos de carbón en La Marea, e outros menores en Sotiello e Boriñes. Hai tamén faixas de lousa na serra de Ques e na serra de Cayón.

O río principal é o Piloña, tributario pola esquerda do río Sella. A vía principal de comunicacións é a estrada N-634.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é de tipo oceánico, húmido, chuvioso e temperado. A media anual de temperaturas é de 12 °C.

Parroquias do concello[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Piloña é historicamente unha área en retroceso de poboación. O concello tiña uns 20.000 habitantes en 1930; 8.799 en 2001; e 8.440 en 2005. A súa economía é principalmente agropecuaria, con cría de gando para leite e carne, xunto con certa explotación forestal.

Ten algunha industrais. Son basicamente de fabricación de mobles e sidra, unha planta que procesa o leite da zona e unha fábrica de caramelos e outros produtos doces (esta en Villamayor).

As poboacións máis importantes son L'Infiestu (que ten arredor do 20% da poboación municipal), Villamayor e Sebares. As tres están sobre as beiras do río Piloña.

Historia[editar | editar a fonte]

Existe un asentamento prehistórico na cova de Sidrón, preto da localidade de Vallobal, da que se extraeron restos de neandertais.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]