Pico Basilé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 3°35′00″N 8°46′00″L / 3.5833333333333, 8.7666666666667

Pico Basilé
Localización do Basilé na illa de Bioko
Altitude 3.011 m
Rexión Bioko (Guinea Ecuatorial)
Montaña Bioko
Primeiro ascenso ?
Tipo de volcán Volcán de escudo, activo
Pico Basile

O Pico Basilé (antigo Pico de Santa Isabel) é un volcán e a maior montaña da illa de Bioko, e ao tempo da Guinea Ecuatorial, país do que forma parte, cunha altura de 3.011 m.s.n.m..

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

O Basilé é o cume máis alto dos tres volcáns de escudo basálticos que conforman a illa de Bioko. Desde a súa cima é visíbel a nordeste o Monte Camerún.

A illa de Bioko formouse na liña do Camerún, unha grande falla xeolóxica disposta desde o océano Atlántico até Camerún e de aí até o Chad. Na liña inclúense outras illas volcánicas do golfo da Guinea, como Annobón, Príncipe e San Tomé, e, por suposto, o macizo volcánico do monte Camerún.

Erupcións[editar | editar a fonte]

Os rexistros de erupcións son pouco claros, aínda que se sabe que durante o XIX hóuboas. A última ben rexistrada corresponde a 1923.

Accesibilidade[editar | editar a fonte]

O acceso até as inmediacións da cima está facilitado por unha estrada estatal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]