Piarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piarda

A piarda ou pión (Atherina presbyter, Cuvier 1829) é un peixe mariño pertencente á familia dos Aterínidos (Atherinidae), da orde dos Ateriniformes (Atheriniformes).

O nome de piarda aplícase tamén a outras especies do mesmo xénero así como ó pión de altura (Argentina sphyraena).

Descrición[editar | editar a fonte]

É un peixe pequeno, de ata 12 cm de lonxitude. Posúe dúas aletas dorsais, con 7-9 radios espiñosos e numerosos radios brandos; na anal, 1 espiña e 14-17 brandos.

A cor é gris prateado, cunha banda prateada, brillante, da cabeza á cola. Non posúen liña lateral.

É unha especie común nas costas europeas do Atlántico, desde os 60º Norte (Dinamarca) ata os 14º Norte (Cabo Verde e Canarias). Penetra no Mediterráneo occidental.

A piarda en Galicia[editar | editar a fonte]

Outros sinónimos recollidos por Ríos Panisse na costa galega son os seguintes: bogón, peón, piardo, piobardo, pión. Tamén pión de baixura (en Viveiro) para diferencialo do pión de altura, Argentina sphyraena, e xerelo, xura e xurelo (en Foz, Sardiñeiro, Noia, Ribadeo, Foz, Burela).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]