Petite Terre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Petite Terre
Situación
País Francia
Departamento de ultramarGuadalupe
ArquipélagoAntillas Menores
MarMar Caribe
Coordenadas16°10′15″N 61°6′55″O / 16.17083, -61.11528Coordenadas: 16°10′15″N 61°6′55″O / 16.17083, -61.11528
Xeografía
Superficie1´70 km²
Punto máis alto8 m. en Terre de Bas
Demografía
PoboaciónDeshabitadas (2 illas, Terre de Bas e Terre de Haut)

Petite Terre é un grupo de illas que pertencen ao departamento de ultramar francés de Guadalupe, situadas no mar Caribe. O seu nome en Francés Îles de la Petite-Terre literalmente significa "Illas da Terra Pequena", consisten en 2 pequenas illas Terre de Bas (ou "Terra Baixa") e Terre de Haut (ou "Terra Alta") localizadas aproximadamente a 10 km ao sueste da illa de Grande-Terre, e ao sur de La Désirade. Foron chamadas así en constraste co nome que recibiu a moito maior en tamaño e veciña Grande-Terre. A súa superficie combinada é de apenas 1´70 km².

Historia[editar | editar a fonte]

A pequena illa da petite terre ten unha superficie de 150 hectáreas e posúe o faro máis antigo de Guadalupe, alcanzando un máximo de 35 m sobre o mar, foi descuberta por Cristovo Colón, pero non foi ocupada por colonos ata o século XVIII debido á falta de auga. Debe terse en conta, con todo, que os arauaques e os caribes foron os primeiros en ocupar a illa entre os anos 500 e 1500. A economía xiraba en torno á agricultura, a pesca, o comercio e o algodón, isto foi posible grazas ao almacenamento da auga de choiva en cisternas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]