Pericles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPericles

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Περικλῆς Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento494 a. C. Editar o valor em Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Morte429 a. C. Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Peste de Atenas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Athenian strategos (en) Traducir
442 a. C. – 429 a. C. Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesΟλύμπιος Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión da Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , orador , estadista , militar , oficial do exército Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Rango militarestratego Editar o valor em Wikidata
ConflitoFirst Peloponnesian War (en) Traducir e Guerra Sâmia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaAlcmeónidas e Buzygae (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxePericles' first wife (en) Traducir (–445 a. C.), divorcio
Aspasia (445 a. C.–) Editar o valor em Wikidata
FillosPéricles (pt) Traducir
 () Aspasia
Paralus (en) Traducir
 () Pericles' first wife (en) Traducir
Xanthippus (en) Traducir
 () Pericles' first wife (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisXantipo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Agariste (mãe de Péricles) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAriphron (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Reprodución do busto de Pericles.

Pericles, nado no ano 495 a. C. e morto no 429 a. C., foi un importante político e orador ateniense. Gran dirixente, home honesto e virtuoso, foi un dos principais estrategos da Antiga Grecia. Recibiu o alcume de o Olímpico, debido á súa impoñente voz.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pericles era fillo de Xantipo, un oficial de mariña que en Salamina gañou o rango de almirante e mandou a frota na vitoriosa batalla de Micala, e de Agárista, sobriña segunda de Clístenes. Rival de Cimón no ano 459 a.C. e xefe do partido democrático, exerceu sobre os seus cidadáns unha profunda influencia, xeralmente beneficiosa. Logo da morte de Cimón, condenou a Tucídides ao ostracismo. Fundou en sólidas bases a potencia naval e colonial de Atenas, someteu a illa de Eubea no ano 446 a.C., a Samos no 440 a.C. e fixo tomar parte a Atenas na guerra do Peloponeso.

Discípulo de Anaxágoras de Clazomenas e de Zenón de Elea, foi amigo de Fidias e atraeu a Atenas ao arquitecto Hipodamo de Mileto, ao filósofo Protágoras de Abdera e ao historiador Heródoto. Na súa época brillaron Sófocles e Eurípides, máximas figuras do teatro grego e destacou o círculo de Aspasia. Fomentou as artes e letras e adornou a Atenas con admirábeis monumentos, como o Partenón e os Propileos e mereceu dar o seu nome ao século máis brillante de Grecia.

Morreu como consecuencia da epidemia de tifo que se desencadeou en Atenas entre os anos 430 a.C. e 426 a.C., e que acabou cunhas 300.000 persoas. Segundo un estudo publicado a principios do 2006, levado a cabo pola Universidade de Atenas, tratouse dunha febre tifoide. Este dato foi revelado polo ADN extraído duns dentes achados nun enterramento grego, no cemiterio de Kerameikos, que amosaban similitude coa Salmonella enterica serotipo Typhi (organismo responsable da citada febre). No mencionado enterramento acháronse 150 corpos, xunto con diversas vasillas e ofrendas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]