Penda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Penda

Reinadoc. 626-655
Nome completoPenda de Mercia
Nacementoc. 606
Falecemento15 de novembro de 655
PredecesorCearl de Mercia
SucesorPeada de Mercia
Cónxuxe/sCynewise
ProxenitoresPybba de Mercia

Na rede
WikiTree: Mercia-248

Penda de Mercia, finado o 15 de novembro de 655[1], foi un rei de Mercia, reino situado no que hoxe constitúen as actuais Midlands inglesas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Penda era un rei pagán nunha época na que o cristianismo estaba a se estender por moitos dos reinos anglosaxóns. Participou na derrota do poderoso rei de Northumbria, Edwin, na batalla de Hatfield Chase en 633.[2] Nove anos máis tarde, derrotou e acabou coa vida do sucesor de Edwin, Oswald de Northumbria, na batalla de Maserfield. A partir desa vitoria Penda podería ser o máis poderoso gobernante anglosaxón da época.

Derrotou a Anglia Oriental, obrigou ao rei Cenwalh de Wessex a se exiliar durante tres anos, e continuou a guerra contra os bernicianos de Northumbria. Trece anos despois da vitoria de Maserfield, sufriu unha esmagadora derrota na batalla de Winwaed ao final dunha campaña contra os bernicianos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O Manuscrito A da Crónica anglosaxoa ofrece este ano e especifica unha data exacta, o 15 de novembro.
  2. O ano 633 é o que ofrece a Crónica anglosaxoa.