Pedro de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro de Portugal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1392 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte20 de maio de 1449 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Alverca do Ribatejo, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Batalha Editar o valor em Wikidata
Rexente Reino de Portugal
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Membro de
Carreira militar
ConflitoConquista de Ceuta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque de Coimbra (pt) Traducir (1415–)
Cabaleiro (1415–)
Duque Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIsabel de Urgel, Duquesa de Coimbra (pt) Traducir (1428 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosPedro de Coimbra, Condestável de Portugal (pt) Traducir, Jaime de Portugal (pt) Traducir, Beatriz de Coimbra (pt) Traducir, João de Coimbra, Príncipe de Antioquia (pt) Traducir, Isabel de Avis, Rainha de Portugal (pt) Traducir, Filipa, infanta de Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisXoán I de Portugal Editar o valor em Wikidata  e Filipa de Lancaster Editar o valor em Wikidata
IrmánsIsabel de Portugal, Duquesa de Borgoña, Beatriz, Condessa de Arundel (pt) Traducir, Henrique, duque de Viseu, Duarte de Portugal, Fernando, o Infante Santo, Afonso I, Duque de Bragança e Xoán, Infante de Portugal Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Aviz-23

Pedro de Portugal, duque de Coímbra (Lisboa 1392 - 1449) infante de Portugal e rexente (1439-1448).

Desde o seu nacemento Pedro foi un dos fillos favoritos do rei Xoán I. O seu pai dotouno dunha educación excepcional. En 1415 viaxou á beira do seu pai e os seus irmáns na expedición portuguesa contra Ceuta, e foi nomeado cabaleiro ese ano. Foi entón cando o seu pai lle concedeu o ducado de Coímbra a el e o ducado de Viseu ó seu outro irmán, Henrique o navegante.

Cando o seu irmán Duarte I de Portugal morreu o 1438, o seu fillo Afonso V ascendeu ao trono, baixo a rexencia da súa nai Leonor de Aragón. Pero a rexencia estivo marcada polo conflito debido á súa impopularidade polo feito de ser muller e estranxeira. Así o 1439, Xoán de Portugal, duque de Aveiro, solicitou a xuntanza das Cortes que designaron Pedro rexente do reino, unha opción que satisfixo o pobo e a burguesía. Pero unha parte da nobreza, a que se atopaba ao redor de Afonso de Portugal, medio irmán de Pedro e conde de Barcelos, preferiu Leonor. Comezou unha guerra de influencias e poucos anos máis tarde Afonso logrou ter ó seu sobriño Afonso V de Portugal baixo o seu dominio político, converténdose no tío preferido do rei.

En 1443, nunha postura de reconciliación, Pedro nomeou ó seu medio irmán Afonso, primeiro duque de Braganza. No 1445 Afonso oféndese pola elección dunha filla de Pedro como dona de Afonso V. Indiferente ás intrigas Pedro continuou a súa rexencia, o país prospera e concédense as primeiras axudas para a exploración do océano Atlántico feita por Henrique o navegante.

O 9 de xuño de 1448 Afonso V accedeu a maioría de idade polo que Pedro renunciou a rexencia O rei Afonso V por influencia do seu tío Afonso anula tódalas leis e editos de Pedro. Por unha falsa acusación o rei amosa inimizade co seu tío e sogro, declarándoo rebelde ao reino. Na batalla de Alfarrobeira do 20 de maio de 1449, preto de Alverca, Pedro de Portugal resultou derrotado e morto.