Pedro Salaverría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Salaverría

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1821 Editar o valor em Wikidata
Santander, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de agosto de 1896 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAmalia Salaverria Saiz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Retrato de Pedro Salavería, por Federico Madrazo (colección Banco de España)

Pedro Salaverría y Charitu, nado en Santander, o 17 de outubro de 1821 e finado en San Sebastián, o 5 de agosto de 1896[1], foi un facendista e político español, ministro de Facenda e de Fomento durante o reinado de Isabel II e, novamente, ministro de Facenda durante o reinado de Afonso XII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia de orixe vasca (seu pai era orixinario de Irún e a súa nai de Hondarribia)[1], con 13 anos, o 20 de novembro de 1834[2], entrou a traballar como escribente no Goberno Civil de Burgos e na Contaduría da mesma provincia até 1838, logo pasou á Oficina de Rendas e de alí a Sevilla en 1844. Os seus traballos sobre a tesouraría pública impresionaron aos seus compañeiros que o chamaron, en 1854, para formar parte do Ministerio de Facenda en calidade de Secretario de Estado.

Deputado[editar | editar a fonte]

Obtivo acta de deputado no Congreso nos sucesivos procesos electoras celebrados entre 1858 e 1865 polas circunscricións de Valladolid (1858) e Santander (1863 - 1865). Coa Revolución de 1868 retiraríase da vida política activa á que retornaría durante a I República ao ser elixido novamente deputado, nesta ocasión pola provincia de Burgos, nas eleccións de 1872 repetindo o devandito escano nos procesos electorais de 1873 e 1876 aínda que en 1877 renunciaría á súa acta de deputado para ocupar o cargo de gobernador do Banco de España.

Ministro[editar | editar a fonte]

Foi ministro de Facenda en catro ocasións. A primeira foi entre o 20 de setembro e o 12 de outubro de 1856[3]; a segunda entre o 30 de xuño de 1858 e o 2 de marzo de 1863[4] en gabinetes presididos por O'Donnell[5] .Posteriormente, entre o 1 de marzo e o 16 de setembro de 1864[6] volverá dirixir o ministerio nun goberno Mon e, finalmente, na Restauración, será novamente ministro de Facenda entre o 31 de decembro de 1874 e o 25 de xullo de 1876[7] en tres gobernos sucesivos que presidirían Cánovas e Jovellar. Neste período tivo que conseguir equilibrar unha difícil situación na que a existencia de dúas guerras (contra os carlistas e en Cuba) e os pagos da Débeda suspendidos. Finalmente conseguiu sacar o orzamento adiante e un importante acordo respecto da Débeda[8].

Tamén foi ministro de Fomento entre o 25 de outubro de 1857 e o 14 de xaneiro de 1858[9] nun goberno Armeiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Salaverría Churitu, Pedro". Auñamendi. Eusko entziklopedia. Consultado o 13-08-2017. 
  2. Fabié, Antonio M.ª (1898), vol. I, p. 23
  3. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 56
  4. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 58.
  5. Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS) del CSIC (ed.). "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc (1808-2000)". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2017. 
  6. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 60
  7. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 76.
  8. Serrano Sanz,, José Mª (2006). "Pedro Salaverría. Cara y cruz de la Hacienda". En Comín Comín, Francisco; Martín Aceña, Pablo; Vallejo Pousada, Rafael. La Hacienda por sus ministros: la etapa liberal de 1845 a 1899. Zaragoza: Prensas Univeritarias de Zaragoza. pp. 229–249. ISBN 84-7733-779-9. 
  9. Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). p. 57.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Urquijo y Goitia, José Ramón de (2008). Gobiernos y ministros españoles en la Edad Contemporánea. Biblioteca de Historia (2ª ed.). Madrid: CSIC. ISBN 978-84-00-08373-1.
  • Fabié, Antonio M.ª (1898). Biografía del Excmo. señor D. Pedro Salaverría, 2 vols., Madrid. Imp. de Fortanet .

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]