Pedro II de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro II de Aragón
Nacemento1174, xullo de 1178 e 1177
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento12 de setembro de 1213
Lugar de falecementoMuret
Causamorto en combate
SoterradoRoyal Pantheon of Santa Maria de Sixena
NacionalidadeCoroa de Aragón
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca, gobernante e guerreiro
PaiAfonso II de Aragón
NaiSancha de Castela, Rainha de Aragão
CónxuxeMaria de Montpellier
FillosXaime I de Aragón, Constance of Aragon, Pere del Rei e Sancha of Aragon
IrmánsConstança de Aragão, Sancha d'Aragona, Leonor de Aragão e de Castela, Ferdinando d'Aragona e Afonso II, Conde da Provença
Na rede
WikiTree: Aragón-104 Find a Grave: 88413388 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pedro o Católico, II de Aragón e I de Barcelona (1174 - Muret 1213), Rei de Aragón, Conde de Barcelona, Xirona, Osona, Besalú, Cerdanya, Pallars Jussà e Ribagorza (1196 - 1213), e señor de Montpelier (1204-1213).

Ascendentes e descendentes[editar | editar a fonte]

Fillo e sucesor de Afonso II o Casto e de Sancha de Castela ao trono da Coroa de Aragón á morte de seu pai en 1196.

Polo testamento do pai, Pedro herdaba Cataluña, así como os condados dependentes dela, e Aragón, mentres seu irmán Afonso II recibía a Provenza.

O 15 de xuño de 1204 casou con María de Montpelier, obtendo o dereito sobre a cidade. Moi logo intentou repudiala, sen éxito, para casar con María de Montferrat, herdeira do reino de Xerusalén. Desta unión naceron:

Así mesmo Pedro tivo dous fillos ilexítimos:

No mesmo ano de 1204 fíxose coroar en Roma polo papa Inocencio III, tornándose o seu vasalo.

Política peninsular[editar | editar a fonte]

En Cataluña conseguiu encarcerar a Guerau de Cabrera, que ocupara os seus dominios do condado de Urgell.

Con Castela as relacións foran moi boas, pois era neto de Afonso VII de Castela. Asinou un tratado que prevía a fronteira n aliña Ágreda-Tarazona entre ese reino e Aragón. Axudou ao seu primo Afonso VIII de Castela contra os reis de León e máis do Navarra.

Participou, eficazmente, cos reis ibéricos cristiáns na batalla de Las Navas de Tolosa, na que lograron a vitoria sobre os almohades, o que permitiría unha rápida conquista de boa parte de Andalucía.

Política occitana[editar | editar a fonte]

En setembro de 1196 as Cortes reunidas en Daroca confirmaron a dupla función asinada no testamento de Afonso o casto : Pedro II en Cataluña e Aragón e seu irmán Afonso na Provenza. Porén Pedro sempre estivera interesado na Provenza e os seus estados veciños. Así se explica como xa no 1204 obrigou a seu irmán Afonso II da Provenza a facer as paces co conde Forcalquier, aliado seu.

En 1206 tivo que loitar contra os habitantes de Montpelier, revoltados contra el. A partir de 1209 e da conquista de Béziers e de Carcassona por parte de Simón de Montfort, protexeu os señores de Languedoc, recibiu as homenaxes dos condes de Tolosa, Comenge e Foix, tentando a reconciliación que lle pedía Inocencio III sobre o tema do catarismo. Concedeu, porén, a tutela de seu fillo Xaime a Simón e preparou o casamento entre Ramon VII de Tolosa e a súa irmá Eleonor. Os seus intentos de pacificación fracasaron. Naquela altura buscou a guerra contra Simón de Montfort. O 12 de setembro de 1213, Pedro tentou tomar Muret, un lugar encastelado ao Sur de Tolosa, onde se refuxiaban os homes de Simón. Os seus cabaleiros no puideron tomar o castelo e sufriron a contraofensiva dos occitanos sobre o seu exército, moito máis numeroso. Pedro arriscouse e os homes de Simón, que o descubriron na batalla, matárono. Os seus cabaleiros, vendo a morte do rei, fuxiron.

Pedro foi sepultado no priorado de Hospitalarios de Sijena, fundado en 1188 por Sancha de Castela, a súa nai.

Fin da aventura occitana[editar | editar a fonte]

O desastre de Muret coutou a aventura occitana dos catalano-aragoneses, que houberon aínda de coñecer as guerras civís da minoridade do príncipe Xaime, debendo pagar ademais todas as débedas provocadas pola política expansionista de Pedro I, quen hipotecara Roerga e Gavaldá a Ramon VI de Tolosa, cobrando o bovatge de 1205 e esixindo impostos ás ordes relixiosas.

Ao longo do seu reinado as angustias financeiras levárano a emitir diñeiro baixa lei. Até 1213 no se recuperou a moeda coa cuñaxe dita de corte con diñeiros de lei debida.


Predecesor:
Afonso II
 Rei de Aragón
Conde de Barcelona
 
1196 - 1213
Sucesor:
Xaime I
Predecesor:
Guillerme VIII
 Señor de Montpelier
(Con súa esposa María)
 
1204 - 1213
Sucesor:
Xaime I