Paximadia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paximadia
Megalo Paximadi á dereita e Mikro Paximadi á esquerda.
Paximadia en Grecia
Paximadia
Paximadia
Localización da illa
Situación
PaísGrecia Grecia
periferias de GreciaIlla de Creta
MarMar Mediterráneo
Coordenadas35°00′25″N 24°35′50″L / 35.00694, -24.59722Coordenadas: 35°00′25″N 24°35′50″L / 35.00694, -24.59722
Xeografía
Punto máis alto155 e 141 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitadas

Paximadia (grego: Παξιμάδια, "galleta") son dúas pequenas illas deshabitadas (Megalo Paximadi e Mikro Paximadi) no golfo de Mesara situadas aproximadamente a 12 km ao sur de Agia Galini na unidade rexional de Rethymno. Están no mar de Libia xunto á costa sur de Creta. Debido á súa proximidade, as dúas illas aparecen como unha soa na distancia.

Nome[editar | editar a fonte]

A xente a miúdo refírense ás illas como Elephantaki porque se parece a un elefante bebé que está deitado, na auga, co seu tronco cara ao oeste. O nome atribuído ás illas hoxe en día débese ao seu parecido galleta seca de Creta coñecida como Paximadi (plural Paximadia). Na antiga Creta tamén eran coñecidas como Dionysioi en honor ao deus Dioniso e tamén como Letoai pola deusa Leto que era adorado en Phaistos, onde tamén era coñecida como Fitii na antigüidade.

Relevo de Megalo Paximadi[editar | editar a fonte]

Megalo Paximadi componse dunha montaña alargada cunha altura que vai desde os 45 metros ata os 155 metros e unha chaira que fai as veces de praia ao oeste da illa.

Relevo de Mikro Paximadi[editar | editar a fonte]

Mikro Paximadi é máis escarpada que Megalo Paximadi. Componse dunha soa montaña dunha altura de 141 metros de alto. Non ten ningunha terra cha nin mesetas.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía de Creta crese que a deusa Leto deu a luz ao deus Apolo e a deusa Ártemis nestas illas.

Praias[editar | editar a fonte]

As praias de area son magnificas nestas illas, só se poden alcanzar a través de barco desde Agia Galini.

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]