Pavel Beliaiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavel Beliaiev
Datos persoais
Nacemento26 de xuño de 1925
LugarChelishchevo
Falecemento10 de xaneiro de 1970
NacionalidadeSoviético
Actividade
MisiónsVoskhod 2
Tempo no espazo1,08 días
PremiosHeroe da Unión Soviética, Orde de Lenin, Orde da Estrela Vermella, Medalha "por mérito de batalha", Medalla da vitoria sobre Alemaña na gran guerra patriótica 1941-1945, Medalla Conmemorativa do 20º Aniversario da Vitoria na Gran Guerra Patria de 1941-1945, Medalha "Pela Vitória sobre o Japão", Medalla polo Traballo Valente na Gran Guerra Patria 1941-1945, Medal "For the Development of Virgin Lands", Medalha do Jubileu de 30 anos do Exército e Marinha Soviéticas, Jubilee Medal "40 Years of the Armed Forces of the USSR", Medalla do 50° Aniversario das Forzas Armadas da Unión Soviética, Medal "For Impeccable Service", 1st class, Medal "For Impeccable Service", 2nd class, Piloto-Cosmonauta da URSS, Mestre emérito do deporte da Unión Soviética, VDNKh gold medal, Heroe Socialista do Traballo, Herói da República Popular da Mongólia, Herói do Trabalho, Orden de Georgi Dimitrov, Ordem de Sukhbaatar, Orden de karl Marx, Medal "For Liberation of Korea, Order of Civil Merit (Syria), Order of Ho Chi Minh, Unidades da Guarda e Pilot class qualification
editar datos en Wikidata ]

Pavel Ivanovich Beliaiev (en ruso Павел Иванович Беляев, nado o 26 de xuño de 1925 en Chelizshevo e finado o 10 de xaneiro de 1970 en Moscova), foi un militar e cosmonauta soviético que pilotou a astronave Voskhod 2.

O programa espacial soviético seleccionou a Beliaiev entre os primeiros cosmonautas da URSS polos quince anos de experiencia na Armada e na Forza Aérea Soviética, tempo no que foi piloto de combate durante a fin da segunda guerra mundial e comandante dunha escuadra aeronaval no Pacífico. A súa primeira misión ía ser pilotar o Vostok 8 para estudar o Cinto de Van Allen, pero a misión cancelouse e as autoridades encomendáronlle a misión de pilotar a misión do Voskhod 2 acompañado de Alexei Leonov en 1965. Realizou un único voo o 18 de marzo, permaneceu no espazo durante 26 horas, e o seu compañeiro realizou a primeira actividade extravehicular no espazo da Historia.

Morreu en 1970 from peritonite como resultado dunha operación de úlcera de estómago. Beiaiev foi Heroe da Unión Soviética, recibiu a Orde de Lenin e a da Estrela Vermella, ademais de Heroe do Traballo Socialista de Bulgaria, Heroe do Vietnam e de Mongolia.

Un asteroide descuberto en 1969 por Liudmila Chernikh leva o seu nome, 2030 Belaiev.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.