Paula Abdul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paula Abdul
Paula Abdul no 2011.
Nome completoPaula Julie Abdul
Data nacemento19 de xuño de 1962
Nado enSan Fernando (California)
CónxuxeEmilio Estevez
Ocupacióncantante, letrista, bailarina, coreógrafa e personalidade de televisión
Xéneropop, R&B
Tempo en activo1978 - presente
Na rede
https://paulaabdul.com/
IMDB: nm0000716 Allocine: 37574 Rottentomatoes: celebrity/paula_abdul Allmovie: p78920 Metacritic: person/paula-abdul TV.com: people/paula-abdul
Facebook: PaulaAbdul Twitter: PaulaAbdul Instagram: paulaabdul MySpace: paulaabdul Youtube: UClPHrtNd1LqDmHwavrRsTyw TikTok: paulaabdul Souncloud: paula-abdul-official Spotify: 4PpmBoqphQusNFsxuVKb6j iTunes: 523909 Last fm: Paula+Abdul Musicbrainz: 275d1fca-22e8-46b9-85e6-c3523098a599 Songkick: 44903 Discogs: 67260 Allmusic: mn0000031380 Deezer: 3947 Genius: Paula-abdul Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Paula Julie Abdul, nada o 19 de xuño de 1962[1] en San Fernando (California), é unha cantante, letrista, bailarina, coreógrafa e personalidade de televisión estadounidense de orixe siria xudía e canadense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mentres estudaba na universidade Abdul superou unha selección para ser animadora dos Los Angeles Lakers, en 1982 encargouse da coreografía do vídeo do sinxelo Torture de The Jackson 5, converténdose en coreógrafa habitual durante a década de 1980 de vídeos musicais de múltiples grupos e cantantes. En 1988 lanzou o seu primeiro álbum, Forever Your Girl, que foi un éxito, dándolle fama como cantante de música pop-R&B, conseguindo varios éxitos a finais da década 1980 e comezos da década de 1990. Conseguiu ter seis sinxelos números un no Billboard Hot 100 e gañou un Grammy por "Opposites Attract" e dous Emmys pola súa coreografía.

Despois deste período de éxito inicial unha serie de problemas afectaron á súa vida profesional e persoal, ata que ela volveu á fama na década de 2000 como xuíza na serie de televisión, American Idol (2002-2009).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paula Abdul - LoveToKnow Celebrity". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 26 de decembro de 2010.