Partido Democrático (Italia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partito Democrático
Dirixentes e organización
DirixenteElly Schlein
MocidadesGiovani Democratici
Filiación internacionalAlianza de Socialistas e Demócratas
Historia
Fundación2007
Posicións políticas
IdeoloxíaProgresismo
Europeismo
Reformismo
Outros datos
SedeVia Sant'Andrea delle Fratte, 16 – 00187, Roma[1]
Na rede
Via Sant'Andrea delle Fratte, 16 – 00187, Roma[1]
Facebook: partitodemocratico.it Twitter: pdnetwork Instagram: partitodemocratico Youtube: UCYuVLa772VBLc7_AK9qZ8Kw Editar o valor em Wikidata

O Partido Democrático (italiano: Partito Democratico, PD) é un partido político de Italia. O partido foi fundado o 14 de outubro de 2007, a través da fusión de varios partidos de centro-esquerda, que acudiran xuntos en Unione e en L'Ulivo (en galego, A Oliveira) dende a década de 1990, nos cales destacaban, dous partidos: os Democratici di Sinistra (DS; en galego: Demóratas de Esquerda), herdeiros do antigo Partido Comunista Italiano e, a Democrazia è Libertà - La Margherita (en galego, Democracia é Liberdade-A Margarida), composto pola ala esquerda da antiga Democracia Cristiá[2] e que andaban á procura da unificación do centroesquerda italiano.

Posteriormente, engadíronse outros grupos políticos: Repubblicani Europei (Movemento Europeo Republicano) de ideoloxía social-liberal, Italia de Novo (centro), Alianza Reformista (socialdemócrata) etc.

O PD a pesar de ser descrito como socialdemócrata[3], ten varias correntes internas. Por iso, o partido pode ser definido coma un catch-all-party, porque, dentro do partido, hai liberais, que defenden o liberalismo económico[4], coma Matteo Renzi, que segue unha liña inspirada pola Terceira vía de Tony Blair[4], pasando pola esquerda cristiá[5], até socialistas democráticos, próximos aos sindicatos da socialdemocracia tradicional[6].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As primeiras propostas para un novo partido[editar | editar a fonte]

En 2003, Michele Salvati, elixido nas listas dos demócratas de esquerda, publicou varios artigos nos xornais Il Foglio e La Repubblica,[7] nos que bosquexaba un novo partido, a partir dos axentes sociais da cultura democrática, dos cristiáns-sociais e dos socio-liberais. A idea de Salvati, foi recuperada e apoiada por Romano Prodi, daquela, presidente da Comisión Europea que pretendía unha lista común de todo o centro-esquerda para as eleccións europeas de 2004.[8] Nela estarían incluídos, Democratici di Sinistra (socialdemócratas) e Democrazia è Libertà - La Margherita (centristas de tipo cristián-sociais e socioliberais), Socialisti Democratici Italiani (SDI) e Repubblicani Europei. A lista, Uniti nell'Ulivo, conseguiu un 31,1% dos votos e 25 europarlamentarios que se dividiron en 2 grupos: uns entraron no Grupo socialista e outros na ALDE (Alianza de Liberais e Demócratas Europeos). Igualmente, Prodi, tentou unha lista unitaria nas eleccións xerais italianas de 2006, mais La Margherita preferiu ir soa.

A lista de unidade configurouse para as eleccións rexionais italianas de abril de 2005, mais só se presentaron en 9 das 14 rexións. O 16 de outubro de 2005, realizáronse eleccións primarias para escoller ao novo líder da coalición de centroesquerda, que adoptou o nome de Unione (Unión). Os membros da federación de L'Ulivo (coloquialmente chamada a "Fed") apoiaron a candidatura de Romano Prodi, que acadou o 74% dos votos e se converteu no candidato do centroesquerda á Presidencia do Consello de Ministros de Italia 2006.

O éxito convenceu a La Margherita, que aceptou presentar a lista unitaria de L'Ulivo para a Cámara de Representantes, no entanto cada partido mantivo o seu propio símbolo para as eleccións ao Senado. De seguido, das eleccións primarias, o SDI indicou que non estaba interesado na cración dun partido unitario e acabarían asinando un acordo cos Radicais Italianos na candidatura Rosa nel Pugno.

Nunha asemblea no Club de Prensa de Milán, o 11 de febreiro de 2006, na que participaron persoas da cultura, do periodismo, da política e da economía, para a creación dunha Asociación para o Partido Demócrata. Ademais, o propio Romano Prodi, encargou a trece figuras do mundo da cultura e a política a redacción dun Manifiesto para o Partido Demócrata, un documento que se fixo público en decembro de 2006.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Partito Democratico (ed.). "Statuto del PD - Partito Democratico". Consultado o 17 de abril de 2018. 
  2. Slomp, Hans (2011-09-30). Europe, A Political Profile: An American Companion to European Politics (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 9780313391811. 
  3. Collin & Martin (2012), p. 218
  4. 4,0 4,1 "Archivio Corriere della Sera". archivio.corriere.it. Consultado o 2018-12-12. 
  5. "Parties and Elections in Europe". parties-and-elections.eu (en inglés). 2018. Consultado o 12-12-2018. 
  6. Latto, Maria Rita (5-11-2008). "Italy. Everybody Is Crazy For Obama". iItaly.org (en inglés). Consultado o 12-12-2018. 
  7. Salvati, Michele (15-4-2003). "Perché voglio il Partito democratico". repubblica.it (en italiano). Consultado o 3-6-2019. 
  8. Lindner, Claudio (18-3-2003). "«Non mi dimetto dall' Unione anche in caso di voto anticipato»". corriere.it (en italiano). Consultado o 3-6-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]