Partido Comunista de Bulgaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Comunista de Bulgaria
Българска комунистическа партия
Partido político de Bulgaria
Dirixentes e organización
LíderPetar Mladenov
MocidadesLiga Xuvenil de Traballadores
Filiación internacionalComintern (1919–1943), Cominform (1948–1956)
Federación Comunista Balcánica (1921–1939)
Historia
Fundación28 de maio de 1919
Disolución3 de abril de 1990
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Marxismo-Leninismo
PublicaciónXuventude Comunista dos Traballadores

O Partido Comunista de Bulgaria foi un partido político búlgaro de ideoloxía marxista-leninista[1] que gobernou a República Popular de Bulgaria en carácter de partido único entre 1946 e 1990, cando se renomeou a si mesmo como Partido Socialista Búlgaro.[2] Dende 1954 ata 1989, dirixiu o partido Todor Zhivkov, un gran defensor da Unión Soviética que mantivo estreitas relacións con ese país durante o mandato de Leonid Brezhnev. O seu goberno logrou unha relativa estabilidade política e un aumento nos niveis de vida.[3]

No ámbito das Revolucións de 1989, Zhivkov presentou a súa dimisión, sendo substituído por Petar Mladenov.[4] O partido adoptou unha posición máis moderada, abandonando o marxismo-leninismo en 1990 e renomeándose como Partido Socialista Búlgaro.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Bulgarian Communist Party (BCP)". The Great Soviet Encyclopedia (en inglés). 1979. Consultado o 5 de abril de 2012. 
  2. "BULGARIA: A REPÚBLICA POPULAR DE BULGARIA". Todo Atlas. Consultado o 5 de abril de 2012. 
  3. Library of Congress Country Studies. "Bulgaria. Domestic Policy and Its Results" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2012. 
  4. "O Parlamento búlgaro elixe presidente a Petar Mladenov". El País. 4 de abril de 1990. Consultado o 5 de abril de 2012.