Paranthropus boisei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paranthropus boisei
Rango fósil: Plistoceno

Reconstrución de Paranthropus boisei

Caveira
Caveira

Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Paranthropus
Especie: P. boisei
Nome binomial
Paranthropus boisei'
(Mary Leakey, 1959)
Sinónimos
  • Australopithecus boisei

(Dart, 1938)

  • Zinjanthropus boisei

(Louis Leakey, 1959)

O Paranthropus boisei (anteriormente tamén coñecido como Australopithecus boisei) foi unha especie homínida que habitou en África oriental entre hai 2,3 e 1,2 millóns de anos.

Os primeiro fósil, un cranio coñecido como OH5, descubriuno Mary Leakey na garganta de Olduvai en 1959 e Louis Leakey deulle o nome de Zinjanthropus boisei.

A colección de fósiles máis ampla recolleuse arredor do Lago Turkana polo equipo de Richard Leakey, destacando KNR ER 406, un cranio dun individuo masculino e adulto. O fósil KGA 10-525 procedente do sitio peleontolóxico de Konso (Etiopía) atopado en 1993 constitúe o único cranio con mandíbula que se atopou desta especie, pero ademais polo medio no que foi atopado dedúcese que o hábitat era de sabana.

Características[editar | editar a fonte]

O seu cerebro tiña unha capacidade de 530 cc, a altura media era de 1,4 m, cun peso de entre 40 e 80 kg. Tiña grandes premolares e era unha especie especializada, cunha alimentación baseada en vexetais duros, de baixo valor nutritivo. A especie tiña un marcado dimorfismo sexual. Era semellante ao Paranthropus robustus, pero máis robusto e corpulento ca el.