Oswald de Bernicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oswald de Bernicia
Nacementoc. 604
Lugar de nacementoReino de Deira
Falecemento5 de agosto de 642
Lugar de falecementoOswestry
SoterradoCatedral de Durham
NacionalidadeReino de Nortumbria
EtniaAnglos
Ocupaciónmonarca
PaiÆthelfrith de Northumbria
NaiAcha
Cónxuxeunnamed daughter of Cynegils of Wessex
FillosAethelwald de Deira
IrmánsEbe de Coldingham, Eanfrith de Bernicia e Oswiu de Northumbria
Na rede
WikiTree: King_of_Berncia-1
editar datos en Wikidata ]
Fresco do século XII da catedral de Durham que representa a Santo Oswaldo (Oswlald de Bernicia).

Oswald, nado c. 604 e finado o 5 de agosto de 642, foi un rei cristián de Northumbria no século VII, cando o territorio de Inglaterra estaba dividido en pequenos reinos rexidos por liñaxes de orixe xermánica[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño materno do tamén rei northumbrio Edwin, en 633 reunificou o reino de Northumbria, un ano despois de morrer o seu tío, e chegou a ser o monarca máis poderoso do seu tempo; o monxe Beda o Venerable incluíuno na súa lista de Reis Supremos da antiga Inglaterra, como práctico sucesor de Edwin.

Morreu na batalla de Maserfield contra o rei pagán Penda, o mesmo inimigo que eliminara a santo Edwin dez anos atrás. Como este, Oswald é tamén venerado como santo e como mártir, aínda que o seu culto, extraordinariamente popular, afogou ao do seu predecesor[2].

Sucedeuno no trono o seu irmán Oswiu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beda dá o 642 como ano da morte de Oswald; porén, hai certa dúbida sobre se o que Beda consideraba ser o 642 é o mesmo que o que na actualidade sería considerado o 642.
  2. Catholic Encyclopedia: St Oswald

Véxase tamén[editar | editar a fonte]