Osred II de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Osred II de Northumbria
Nacementoséculo VIII
Falecemento14 de setembro de 792
Lugar de falecementoTynemouth
SoterradoTynemouth Castle
EtniaAnglos
Ocupaciónmonarca
PaiEalhred de Northumbria
NaiOsgifu
IrmánsAlchmund of Derby
editar datos en Wikidata ]

Osred II, finado en 792, foi rei de Northumbria de 789 a 790.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Alhred e Osgifu, filla de Eadberht.

Sucedeu a Ælfwald, fillo do irmán da súa nai, Oswulf, que foi asasinado polo patricius (ealdorman) Sicga.

Osred, mesmo aínda que uniu dúas das faccións que competían en Northumbria, foi rei soamente por un ano, antes de ser deposto en favor de Æthelred, fillo de Æthelwald Moll. Osred marchou ao exilio, aparentemente á Illa de Man.

Regresou do exilio en 792, e a Crónica anglosaxoa informa que foi "aprehendido e morto na décimo oitava véspera das calendas de outubro. O seu corpo foi depositado en Tynemouth". Presúmese que este asasinato foi ordenado por ou para Æthelred, que fixera matar a Ælf e Ælfwine, fillos de Ælfwald, o ano anterior, e tentara matar a Eardwulf en 790.

Véxase tamén.[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
  • Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8