Os crimes da rúa Morgue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os crimes da rúa Morgue
Título orixinalThe Murders in the Rue Morgue
Autor/aEdgar A. Poe
Ilustrador/aFino Lorenzo
OrixeEstados Unidos de América
Linguainglés
ColecciónBiblioteca Edgar A. Poe (nº 1)
Xénero(s)relato detectivesco
EditorialEdicións do Cumio
Data de pub.febreiro 2009
Formato13,5 x 19 cm.
edición rústica con lapelas cosida a fío
Páxinas92
ISBNISBN 978-84-8289-296-2
TraduciónSusana Rodríguez Barcia
editar datos en Wikidata ]

Os crimes na rúa Morgue é un relato de Edgar Allan Poe, publicado en 1841.

Está encadrado nos casos de Monsieur Dupin, considerados como os primeiros relatos de misterio da literatura. Desenvolve aquí os elementos típicos da novela de misterio: un investigador de dotes excepcionais e o relato das súas aventuras a través dun compañeiro de residencia. Dupin constitúe un paradigma, desenvolvido despois en Sherlock Holmes.

Neste caso, Dupin debe resolver a estraña morte de dúas mulleres, unha nai e a súa filla, aparecidas mortas no seu domicilio de París.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]