Orlando (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orlando
Título orixinalOrlando: A Biography
Autor/aVirginia Woolf
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Hogarth Press
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub. 1928
Galicia 2014
FormatoTapas duras
Páxinas252
ISBNISBN 978-84-942570-01 (gl)
TraduciónCelia Recarey
editar datos en Wikidata ]

Orlando: Unha biografía (título orixinal en inglés: Orlando: A Biography) é a sexta novela de Virginia Woolf, publicada orixinalmente o 11 de outubro de 1928.[1] A editorial que se encargou da súa publicación, Hogarth Press, pertencía ao matrimonio Woolf.[2][3]

Temas[editar | editar a fonte]

Trátase dunha obra en parte biográfica, baseada na vida da noiva de Woolf, Vita Sackville-West.[1][4] Constitúe unha das novelas máis accesibles de Woolf, e por iso a de maior éxito da autora en vida. Influíu moito na literatura da época no aspecto estilístico. Ademais, considérase unha obra de importancia na literatura en xeral, e na escritura feminina e os estudos de xénero en particular.

Nesta novela trátanse temas considerados tabús na súa época como a homosexualidade, a sexualidade feminina, ademais do papel da muller na sociedade e como creadora literaria. Todos estes temas preséntanse contextualizados en distintos períodos históricos: dende o período isabelino, pasando polo período vitoriano, até comezos do século XX.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A directora Sally Potter rodou unha versión cinematográfica en 1992, con Tilda Swinton como Orlando e Quentin Crisp como a raíña Isabel I.[5]

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Orlando - Modernist literature, gender identity, stream of consciousness - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-01-13. Consultado o 2024-02-26. 
  2. Zakaria, Rafia (2017-04-24). "A publisher of one's own: Virginia and Leonard Woolf and the Hogarth Press". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-02-26. 
  3. "The History of Hogarth Press". www.penguin.co.uk (en inglés). 2017-06-12. Consultado o 2024-02-26. 
  4. 4,0 4,1 Irmás Cartoné (ed.). "Orlando, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019. 
  5. Potter, Sally (1993-06-09). "Orlando". Consultado o 2024-02-26. 
  6. Orlando. Traducido por Celia Recarey (1ª ed.). Santiago de Compostela: Irmás Cartoné. 2014. ISBN 978-84-942570-01 – vía Biblioteca da Tradución Galega.