Orde toscana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema da orde toscana segundo Vignola

A orde toscana non pertence ao grupo das ordes arquitectónicas gregas (dórica, xónica e corintia), senón que é a achega etrusca ás ordes clásicas. A orde toscana é só unha imitación bastardeada da dórica grega. É orixinaria da antiga Etruria e os romanos empregárona antes de facer a conquista de Grecia. Os monumentos de orde toscana, en Roma, eran pois antigos; foron arruinados, despois, polo tempo ou reconstruídos segundo sistemas diversos que Grecia fixo saber aos arquitectos; tampouco sobreviviu ata os nosos días ningún edificio enteiro construído exactamente con esas normas. Posteriormente foi adoptada e difundida polos romanos. Co paso do tempo, dado que os arquitectos renacentistas coñecían moito mellor a arte romana que a grega, a orde toscana tamén foi moi habitual desde o século XV (moito máis que a orde dórica que, practicamente era descoñecida e non foi recuperada ata o Neoclasicismo).

Características peculiares[editar | editar a fonte]

  • A columna toscana, a diferenza da dórica grega, apóiase sobre unha base (e esta, sobre un podio),
  • O fuste é de sección circular, normalmente liso. O tamaño total da columna adoita ser de catorce módulos, sendo de doce o do fuste. O seu diámetro non é constante, senón que vai aumentando ata producir un lixeiro abombamiento ou éntase, decrecendo logo cara ao extremo superior.
  • O capitel está integrado por tres pezas, todas elas lisas:
Capitel toscano conservado no Museo do Foro de Caesaraugusta
    • O ábaco é unha peza prismática similar a un taboleiro de planta cadrada que soporta directamente sobre si a estrutura horizontal do edificio.
    • O equino, cuxa xeometría é a dunha figura convexa de revolución, expándese cara á parte superior cun sentido de transición entre as dimensións do extremo do fuste e as do ábaco de maior tamaño.
    • O colariño, tambor cilíndrico intercalado entre o equino e o fuste, a modo de prolongación deste e separado del por unha moldura horizontal.
  • O entaboamento está composto por:
    • O arquitrabe, unha especie de viga grosa e lisa que percorre toda a aliñación de columnas.
    • O friso, banda horizontal lisa de igual aparencia que a arquitrabe e separada deste por un lintel.
    • A cornixa remata a orde formando un saledizo que xeralmente conta cunha moldura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]