Orco (Terra Media)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura do orco Azog.

Os orcos son unha raza antropomorfa de costumes brutais creada pola imaxinación de J. R. R. Tolkien dentro da súa obra de fantasía sobre a Terra Media, que inclúe O hobbit e O Señor dos Aneis. Fóra deste mundo imaxinario, o orco é unha criatura fantástica moi frecuente en relatos de fantasía épica.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Hai varias versións dentro da propia mitoloxía tolkieniana en relación coa orixe concreta dos Orcos.

  • Unha delas baséase na crenza dos propios elfos de que os Orcos eran unha parte dos Avari ou Elfos Renuentes (aqueles que non quixeran facer a Grande Viaxe), que se volveran salvaxes e malvados nas súas terras.
  • A outra, segundo se nos conta no Silmarillion, narra que nos primeiros tempos da Terra Media, tempos en que o malvado Melkor xa estaba enfrontado ó resto dos Valar, moitos elfos que se afastaban sós dos seus dominios eran raptados por Melkor, que os mantiña cativos e escravizados, para ilos corrompendo coa súa crueldade. Estes seres, contrariamente a moitas das creacións de Melkor, tiñan vida propia e reproducíanse á imaxe do resto do fillos de Ilúvatar.

Así se creou, disque, a raza dos orcos, unha raza que non era máis ca unha imaxe distorsionada dos propios elfos, nacida do odio e a envexa que Melkor lles tiña a eles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Lord of the Rings: The Battle for Middle-earth II Review". IGN (en inglés). 2006-03-02. Consultado o 2019-02-16. 
  2. "Lord of the Rings: 15 Things You Never Knew About Orcs". ScreenRant (en inglés). 2017-10-29. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-16.