Opérculo (peixes)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campanologies hectoris
1. Opérculo.
2. Liña lateral.
3. Aleta dorsal.
4. Aleta adiposa.
5. Pedúnculo caudal.
6. Aleta caudal.
7. Aleta anal.
8. Fotóforos.
9. Aletas pelvianas.
10. Aletas pectorais.

O opérculo dos peixes óseos é unha peza dura, de natureza ósea, que cobre e protexe as branquias. Na maioría dos peixes, o límite posterior do opérculo marca o límite entre a cabeza e o tronco.

O opérculo está composto por catro ósos fusionados:

  • opérculo (propiamente dito)
  • preopérculo
  • interopérculo
  • subopérculo

A morfoloxía desta característica anatómica ten grandes variacións entre especies. Por exemplo, no Lepomis macrochirus ten unha extensión arredondada orientada posterior e dorsalmente cunha pequena mancha negra. Nalgunhas especies o opérculo pode empuxar auga desde a cavidade bucal a través das branquias.

Para algúns peixes o opérculo é vital para a obtención de oxíxeno. Ábrese cando a boca pecha, causando presión negativa no lado externo das branquias para que a auga flúa cara a menor presión a través destas, permitindo o intercambio de oxíxeno nas lamelas (lamellae) das branquias.

Os peixes cartilaxinosos non teñen opérculo. Posúen outros métodos para o paso da auga polas branquias.