O Ontinyent Club de Fútbol naceu en 1931 despois de que o secretario do concello D. Raúl Lombardo conseguise fusionar os dous equipos que existían por entón no municipio: o Club Deportivo Onteniente, fundado o 5 de agosto de 1923, e o Ideal, dando orixe ao Onteniente Football Club, o cal, foi inscrito oficialmente no Rexistro de Asociacións do Goberno Civil de Valencia o 30 de marzo de 1931.[1] O club tivo unha época dourada nos anos 1960 e principios dos anos 1970 onde militou cinco tempadas en Segunda División.