Omaha, Nebrasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOmaha, Nebrasca
Omaha (en)
Omaxa (uz) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°15′31″N 95°56′15″O / 41.2586, -95.9375Coordenadas: 41°15′31″N 95°56′15″O / 41.2586, -95.9375
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNebrasca
County of Nebraska (en) TraducirCondado de Douglas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación486.051 (2020) Editar o valor em Wikidata (1.323,42 hab./km²)
Número de fogares189.922 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaOmaha–Council Bluffs metropolitan area (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:967.604) Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie367,27 km² Editar o valor em Wikidata
Auga2,6719 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Missouri Editar o valor em Wikidata
Altitude332 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Council Bluffs (pt) Traducir
La Vista (pt) Traducir
Ralston (pt) Traducir
Chalco (pt) Traducir
Boys Town (pt) Traducir
Bellevue (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1854 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataJean Stothert (pt) Traducir (2013–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoOmaha City Council (en) Traducir , (Escano: 7) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal68022, 68101–68164, 68102, 68104, 68106, 68110, 68112, 68116, 68118, 68121, 68122, 68125, 68127, 68129, 68131, 68134, 68135, 68136, 68137, 68139, 68140, 68141, 68144, 68145, 68146, 68147, 68151, 68155, 68157 e 68160 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico402 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcityofomaha.org Editar o valor em Wikidata

Omaha é a cidade máis grande do estado de Nebrasca, nos Estados Unidos, e é a capital do condado de Douglas. Está situada no medio oeste do país á beira do río Missouri, a uns 30 quilómetros ao norte da desembocadura do río Platte. Omaha é o centro da área metropolitana Omaha-Council Bluffs, que inclúe a Council Bluffs, no estado de Iowa, situada no outro lado do río Missouri.

Segundo o censo do 2010, a poboación de Omaha era de 408.958 habitantes, facéndoa a 40 máis grande dos Estados Unidos. Cos seus suburbios, Omaha formaba a 60 área metropolitana máis grande do país no 2010, cunha poboación de 865.350 habitantes que vivían en oito condados. Hai máis de 1,2 millóns de residentes nun raio de 80 quilómetros dende o centro da cidade, formando a área Greater Omaha.

Omaha foi fundada en 1854 por especuladores da veciña Council Bluffs ao longo do río Missouri. Durante o século XIX, a localización de Omaha no centro dos Estados Unidos fixo que a cidade se convertese nun importante centro de transporte. Ao longo do resto do século, os sectores do transporte e do comercio foron moi importantes na cidade, xunto cos seus ferrocarrís e as súas fábricas de cervexa. No século XX, os matadoiros de Omaha, uns dos máis grandes do mundo, e as súas plantas empacadoras de carne, gañaron moita importancia a nivel internacional.

Hoxe en día, Omaha é a sede de cinco compañías que se atopan na lista Fortune 500: ConAgra Foods, Union Pacific Corporation, Mutual of Omaha, Peter Kiewit and Sons, Inc., e Berkshire Hathaway. Berkshire Hathaway está encabezada polo investidor local Warren Buffett, que foi a persoa máis rica do mundo na primeira metade do ano 2008. Tamén é a sede de catro empresas Fortune 1000: TD Ameritrade, West Corporation, Valmont Industries, e Werner Enterprises. O First National Bank of Omaha é o maior banco de capital privado dos Estados Unidos. As oficinas centrais de Leo A Daly for Leo A Daly, HDR, Inc. e DLR Group, tres das 30 principais firmas de arquitectura e enxeñería do país están localizadas en Omaha.

A economía moderna de Omaha é variada e constrúese sobre empregos especializados. O turismo na cidade achega moitos beneficios á súa economía, achegando o torneo anual de béisbol College World Series importantes ingresos e sendo o Henry Doorly Zoo da cidade a principal atracción de Nebrasca. Omaha acolleu as probas de natación para as Olimpíadas en 2008 e fará o mesmo en 2012.

Un movemento de conservación histórica en Omaha permitiu que varios edificios históricos e distritos fosen designados como monumentos da cidade ou inscritos no Rexistro Nacional de Lugares Históricos. Dende a súa fundación, os grupos étnicos da cidade agrupáronse en enclaves do norte, centro e sur de Omaha. Hoxe en día a cidade ten gran variedade de lugares de espectáculos, museos e patrimonio musical, incluída a historicamente significativa escena jazz de North Omaha e o moderno e influente "Omaha Sound". Os deportes teñen sido de grande importancia durante máis dun século, e a cidade actualmente ten tres equipos profesionais. Omaha ten tamén varias sendas recreativos e parques localizados por toda a cidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]