Oligomicina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As oligomicinas son substancias de natureza macrólida sintetizados polo xénero Streptomyces.

As oligomicinias inhiben o complexo da ATP sintase ancorado na membrana matricial (ou membrana mitocondrial interna). Concretamente bloquean a canle protónica (Subunidade F0) por este motivo, párase a síntese do ATP provocando acumulación no espazo intermembranal de ADP e máis fosfatos á vez que se produciría unha acidose na matriz, para evitalo, inhíbese a cadea de transporte electrónico de xeito que o fluxo de electróns non envíe protóns cara ao espazo intermembranal.

Unha das súas aplicacións máis estendidas é a de antibiótico de laboratorio, xa que tamén resulta tóxico para as eucariotas.

Oligomicinas[1]
  R1 R2 R3 R4 R5
Oligomicina A CH3 H OH H,H CH3
Oligomicina B CH3 H OH O CH3
Oligomicina C CH3 H H H,H CH3
Oligomicina D
(Rutamicina A)
H H OH H,H CH3
Oligomicina E CH3 OH OH O CH3
Oligomicina F CH3 H OH H,H CH2CH3
Rutamicina B H H H H,H CH3
44-Homooligomicina A CH2CH3 H OH H,H CH3
44-Homooligomicina B CH2CH3 H OH O CH3

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nakata, Masaya; Ishiyama, Takashi; Akamatsu, Shinichi; Hirose, Youichi; Maruoka, Hiroshi; Suzuki, Rika; Tatsuta, Kuniaki (1995). "Synthetic studies on oligomycins. Synthesis of the oligomycin B spiroketal and polypropionate portions". Bulletin of the Chemical Society of Japan 68 (3): 967–89. doi:10.1246/bcsj.68.967.