Olalla Cociña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOlalla Cociña
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1979 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalXornalismo
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora , música Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 4474 AELG: 419 Dialnet: 2400677

Olalla Cociña Lozano, nada en Viveiro o 15 de outubro de 1979, é unha poeta e xornalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Logo de gañar varios premios poéticos xuvenís, obtivo no ano 2000 o premio de poesía "O Facho", outorgado pola asociación coruñesa do mesmo nome. No 2004 conseguiu o segundo premio na XVIII edición do certame literario da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona).

No ano 2005 publicou o poemario As cervicais da memoria (Edicións Fervenza), co que o ano anterior lograra o VIII Premio de poesía "Avelina Valladares" que convoca o Concello da Estrada. No prólogo deste libro Xosé María Álvarez Cáccamo sinala algunhas das claves da ollada poética de Olalla Cociña: "Fraxilidade, transparencia, percepción sonambular".

O seu segundo libro, Aquí (intemperies), saíu á luz en 2006 na colección "Poeta en Compostela" (Grupo Correo, Concello de Santiago, AELG). Moitos dos poemas e textos recollidos neste volume apareceran previamente nun blog da autora xa pechado, e algúns formaron parte antes dunha obra inédita consistente nun sobre no que os poemas podían ser escollidos aleatoriamente.

En marzo de 2008 gañou a oitava edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño[1] polo seu poemario Libro de Alicia (Edicións Espiral Maior, 2008). En decembro de 2016 gañou o premio de poesía Afundación co poemario Vestir a noite.[2]

Olalla Cociña participou ademais en varias publicacións colectivas, entre as que destacan a antoloxía bilingüe Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (Eneida, 2005), e o número 34 da serie "Alfa fulls temporals d'art i literatura" (Una llum del nord, Quatre poetes de Galícia), con poemas traducidos para o catalán, o castelán, o inglés e o francés. Actualmente mantén o blog reveladora, no que é autora dos textos.

Como música, canta e toca o teclado no grupo Atrás Tigre.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • As cervicais da memoria, 2005, Edicións Fervenza.
  • aquí (intemperies), 2006, Grupo Correo, Concello de Santiago, AELG.
  • Libro de Alicia, 2008, Espiral Maior.
  • Ningún precipicio, 2013, Toxosoutos. Foi traducida ao castelán.[3]
  • Vestir a noite, 2017, Centro PEN Galicia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 18 de abril de 2008. 
  2. Olalla Cociña gaña a nova edición do Premio de Poesía Afundación
  3. "Ningún precipicio". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]