Ogt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A O6-alquilguanina ADN alqultransferase II (O6 AGT II), anteriormente chamada O6 guanina transferase (ogt), é unha proteína bacteriana que intervén na reparación do ADN xunto coa proteína Ada (tamén chamada O6 AGT I).[1]

Igual que a AGT I, a AGT II é responsable da eliminación de grupos alquilo da O6-alquilguanina, a O4-alquiltimina e o alquilfosfotriéster no esqueleto de azucre-fosfato do ADN.[1] A AGT II mostra unha gran preferencia pola O4-alquiltimina sobre a O6-alquilguanina e o alquilfosfotriéster.[1][2]

A diferenza da Ada, a AGT II exprésase constitutivamente (de forma continua) nas células.[1][3] Por tanto, a AGT II repara os adutos de ADN alquilados mesmo antes de que a expresión da Ada sexa completamente inducida. A AGT II é similar á Ada na súa inactivación suicida porque a AGT II transfire o grupo alquilo a un residuo de cisteína na súa propia estrutura, de maneira que se inactiva a si mesma.[1] O equivalente humano da AGT II é a O6-alquilguanina ADN alquiltransferase, unha proteína que nos humanos está codificada polo xene da O6-metilguanina ADN metiltransferase (MGMT). Nos humanos a O6-alquilguanina ADN alquiltransferase preferencialmente retira os grupos alquilo da O6-alquilguanina en vez de da O6–alquiltimina.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Friedberg E, Walker GC, Siede W, Wood RD, Schultz RA, Ellenberger T (2006). DNA Repair and Mutagenesis (2 ed.). Washington, DC: ASM Press. ISBN 1-55581-319-4. OCLC 59360087. 
  2. Sassanfar M, Dosanjh MK, Essigmann JM, Samson L (Feb 1991). "Relative efficiencies of the bacterial, yeast, and human DNA methyltransferases for the repair of O6-methylguanine and O4-methylthymine. Suggestive evidence for O4-methylthymine repair by eukaryotic methyltransferases". The Journal of Biological Chemistry 266 (5): 2767–71. PMID 1993655. 
  3. Rebeck GW, Samson L (Mar 1991). "Increased spontaneous mutation and alkylation sensitivity of Escherichia coli strains lacking the ogt O6-methylguanine DNA repair methyltransferase". Journal of Bacteriology 173 (6): 2068–76. PMC 207742. PMID 2002008.