Ogg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ogg Vorbis é un formato de compresión de son, semellante a, por exemplo, ó popular MP3. A diferenza do MP3, Ogg Vorbis é aberto e libre, o que quere dicir que é un formato accesible por todo o mundo que non está sometido a ningunha patente, e que pode ser usado de balde.

Coma o mentado MP3, Ogg Vorbis comprime a música a base de recortar parte da informazón sonora (compresión con perda). A altos niveis de cualidade, estes recortes son imperceptibles. Canto máis se comprime o son, pola contra, mais informazón se perde, e polo tanto peor se escoita. Ogg Vorbis fai esta compresión algo mellor que o MP3, e polo tanto é capaz de proporcionar mellor calidade con menos tamaño.

Ogg Vorbis é desenvolto pola Xiph.org Foundation.