Odio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hércules vence a discordia (cun fol), a envexa (con máscara) e o odio (como Medusa), fresco de Louis de Silvestre (teito da sala do trono de Frederico Augusto I "o forte" de Saxonia, tamén chamado Augusto II de Polonia-Lituania, no pazo real de Dresden)

O odio é un sentimento humano que se expresa a través dunha fonda aversión, antipatía ou repugnancia cara a un ser vivo, grupo, situación, fenómeno ou cousa. Comunmente considerado o oposto ao amor, os dous teñen en común a súa intensidade e o seu ímpeto.

Tipoloxía[editar | editar a fonte]

Entre as diversas formas de odio atópase a misoxinia que é o odio ás mulleres; a misandria, o odio aos homes; a misantropía, o odio á raza humana; o odio cara a unha nación, relixión ou raza por exemplo o antisemitismo; misoloxía, o odio á razón.