O derradeiro dos mohicanos (filme de 1992)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O derradeiro dos mohicanos
Ficha técnica
Título orixinalThe Last of the Mohicans
DirectorMichael Mann
ProdutorMichael Mann
Hunt Lowry
James G. Robinson
Guiónadaptado por Christopher Crowe
Michael Mann
Baseado enO derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper
IntérpretesDaniel Day-Lewis
Madeleine Stowe
Wes Studi
Russell Means
Eric Schweig
Pete Postlethwaite
Steven Waddington
Jodhi May
MúsicaTrevor Jones
Randy Edelman
Daniel Lanois
Howard Shore
FotografíaDante Spinotti
MontaxeDov Hoenig
Arthur Schmidt
EstudioMorgan Creek Productions
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFrancia 26 de agosto de 1992
25 de setembro de 1992
Galicia 16 de novembro de 2022 (TVG)
Duración112 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras
Orzamento$40 000 000[2]
Recadación$75 505 856 (USA)[2]
Na rede
IMDB: tt0104691 Filmaffinity: 292646 Allocine: 7653 Rottentomatoes: m/1040678-last_of_the_mohicans Mojo: lastofthemohicans Allmovie: v28430 TCM: 80898 Metacritic: movie/the-last-of-the-mohicans TV.com: movies/the-last-of-the-mohicans-directors-cut Netlix: 686619Editar o valor em Wikidata

O derradeiro dos mohicanos[3] (en inglés: The Last of the Mohicans) é un filme estadounidense de aventuras dirixido por Michael Mann que se estreou en 1992. Baséase na novela O derradeiro dos mohicanos de James Fenimore Cooper, ambientada en 1757, durante a guerra franco-india. Está protagonizado por Daniel Day-Lewis, Madeleine Stowe e Jodhi May, xunto con Russell Means, Wes Studi, Eric Schweig e Steven Waddington nos papeis secundarios.

A banda sonora é obra de Trevor Jones e Randy Edelman, e a canción "I Will Find You" é do grupo musical Clannad. O tema principal do filme é "The Gael" do cantante escocés Dougie MacLean. Estreado o 25 de setembro de 1992 nos Estados Unidos, The Last of the Mohicans recibiu aclamacións da crítica e tivo un grande éxito na recadación.

Estreouse en galego,o 16 de novembro de 2022 a través da TVG,[4][5] traducida por Manuel Arca e dobrada en Studio XXI da Coruña.[6]

Sinopse[editar | editar a fonte]

1757, proximidades do río Hudson. Hai tres anos que franceses e ingleses loitan en terras norteamericanas. Mandos británicos recrutan a xentes do lugar, nativos e granxeiros asentados nesas terras, para formar unha milicia capaz de enfrontarse ao exército franco-indio que se acerca polo sur. Hawkeye é un branco adoptado polos indios mohicanos que vive co seu pai e o seu irmán Uncas. Tras rescatar dunha emboscada dos huróns a Cora Munro e a súa irmá máis nova Alice, fillas dun oficial británico, os tres deciden acompañalas ao forte inglés William Henry, que está sendo asediado por franceses e huróns.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British Board of Film Classification (ed.). "The Last of the Mohicans". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2015. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "The Last of the Mohicans (1992)". Consultado o 18 de marzo de 2007. 
  3. sincroguia-tv (ed.). "O derradeiro dos mohicanos na TVG". Consultado o 16 de novembro de 2022. 
  4. www.crtvg.es (ed.). "Programación da TVG 15-11-2022". Consultado o 16 de novembro de 2022. 
  5. @TVGalicia (ed.). "O derradeiro dos mohicanos na TVG". Consultado o 16 de novembro de 2022. 
  6. "O derradeiro dos Mohicanos". Wiki A dobraxe en galego. Consultado o 2023-04-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]