O Carballiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaO Carballiño
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°25′47″N 8°04′39″O / 42.4296, -8.0775Coordenadas: 42°25′47″N 8°04′39″O / 42.4296, -8.0775
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalO Carballiño Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación13.968 (2023) Editar o valor em Wikidata (258,67 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie54 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude397 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco Fumega Piñeiro (2019–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais no Carballiño Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32019 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcarballino.gal Editar o valor em Wikidata

O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca homónima. Segundo o INE en 2022 tiña 13.932 habitantes. O xentilicio é carballiñés.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros cursos fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.

Demografía[editar | editar a fonte]

O Carballiño é o segundo concello máis poboado da provincia de Ourense.

Censo total 13 999 (2015)
Menores de 15 anos 1721 (12,29 %)
Entre 15 e 64 anos 8494 (60,68 %)
Maiores de 65 anos 3784 (27,03 %)


Fonte INE; 1857-2011

Evolución da poboación de O Carballiño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
8447 9274 9841 11039 13226 14.114 14.145 14.246 14.355 14.123 13.999 13.913 13.854 13.939 14.027 14.089
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Señorín, dependente da xurisdición de Partovia, e esta á súa vez do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.

Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios diñeiro que foi investido en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos e introduciuse na vida política liberal da comarca.

A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. Amais, está comunicada a través da AG-54 coa autovía AG-53.

Cultura[editar | editar a fonte]

No Carballiño celébranse as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).

Festas[editar | editar a fonte]

Deporte[editar | editar a fonte]

O Club Deportivo Arenteiro é o principal club de fútbol da cidade; en 2023 o equipo masculino ascendeu á Primeira División RFEF. O Sporting Carballiño, fundado en 2012, é o outro club da vila e xoga na Primeira Galicia.

O Carballiño FS xoga na terceira división de fútbol sala.

O Carballiño na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • O cantar do arrieiro/ é un cantar moi baixiño,/ cántase en Ribadavia,/ retumba no Carballiño [2].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ óuvese no Carballiño [3].
  • O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ resoa no Carballiño [3].
  • Si tu víra-lo que eu vin/ na feira do Carballiño,/ vinte cinco xastres xuntos/ bebendo un neto de viño [4].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Carballiño

Arcos (Santa María) | Banga (Santa Baia) | O Barón (San Fiz) | Cabanelas (San Xoán) | O Carballiño (San Cibrao) | Lobás (Santa Ouxea) | Longoseiros (Santa Mariña) | Madarnás (San Tomé) | Mesego (Santa María) | Mudelos (Santiago) | Partovia (Santiago) | A Piteira (San Miguel) | Ponte Veiga (San Lourenzo) | Sagra (San Martiño) | Señorín (San Roque) | Seoane de Arcos (San Xoán)

Lugares do Carballiño[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Carballiño vexa: Lugares do Carballiño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Gran Enciclopedia Galega: s. v. arrieiro.
  3. 3,0 3,1 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 115.
  4. Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Si tu vira lo que vin/ na feyra do Carballiño,/ vinte cinco xastres juntos/ bebend'un neto de viño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]