O Amenal, Pereira, O Pino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Amenal

A N-547 ao seu paso polo Amenal
ParroquiaPereira
ConcelloO Pino
Coordenadas42°54′22″N 8°23′39″O / 42.9061, -8.39413Coordenadas: 42°54′22″N 8°23′39″O / 42.9061, -8.39413
Poboación91 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

O Amenal é un lugar da parroquia de Pereira, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 91 habitantes (44 homes e 47 mulleres), aínda que nestas cifras se inclúe unha boa parte do lugar que se atopa dentro da parroquia de Castrofeito.

O Camiño Francés a Santiago pasa por esta pequena poboación xusto antes de encarar a suba cara á plataforma do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. Quizais por esta razón, tense desenvolvido unha pequena infraestrutura hostaleira neste lugar. O trazado do Camiño atravesa a N-547 neste punto a través dun paso subterráneo que se encontra na parte de Castrofeito. A capital municipal, O Pedrouzo, atópase a 2.400 metros de distancia.

Neste lugar conflúen os regos do Amenal e do Menal, que forman parte da bacía do río Brandelos[2], que atravesa a parroquia de Pereira.

É posible que este sexa o lugar mencionado polo peregrino Doménico Laffi no seu Viaggio da Napoli à San Giacomo di Galizia (1673)[3] cando di que «“más alá de al Menar (Amenal) chego a unha fonte en compañía doutros peregrinos, onde refrescamos ben, mudando os vestidos, porque sabíamos estar próximos a Santiago»[4], é dicir, servía ao mesmo propósito que o lugar da Lavacolla.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Este lugar é homónimo do rego que pasa por aquí, baixo unha ponte que atravesa o Camiño Francés. A orixe deste termo pode vir:

  • do fitónimo ameneiro (alnus glutinosa), do latín vulgar *AMINARIU, derivado da forma celta ameia, que significa "a carón do río", porque é aquí onde abundan[5]. Posiblemente a palabra amenal sexa un topónimo abundancial que se refera a un conxunto de amieiros[6]. Neste último sentido os topónimos O Ameneiral, lugar que está poucos metros antes que O Amenal, e rego de Menal virían a abundar no mesmo sentido, polo que teriamos tres topónimos de orixes idénticas uns ao lado dos outros
  • do hidrónimo ame-nale, que significa "meseta ou regato tranquilo"[7], ou da raíz céltica am- que derivaría nun amena- e pode significar "leito de río, gabia"[8]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Pereira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña)

A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá

Parroquias do Pino[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  2. Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). Touro (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  3. "Doménico Laffi". Xacopedia (en castelán). Consultado o 27-8-2020. 
  4. Solana, Alberto (xaneiro de 2016). Asociación Peregrina del Espíritu de Santi / Ayuntamiento de Tábara, ed. "Lavacolla, mito o costumbre" (PDF). El espíritu de Santi (en castelán) (22): 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de agosto de 2020. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  5. Fernández Salgado, Benigno (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 25. ISBN 84-8288-752-1. Consultado o 27-8-2020. 
  6. Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponimia de Galicia. Guías A-Z. Editorial Galaxia. p. 268. ISBN 978-84-9865-092-1. Consultado o 27-8-2020. 
  7. Mateo Sanz, Gonzalo (xullo de 2018). "La naturaleza en la toponimia española (II)". Flora Montibérica (71): 39. ISSN 1138-5952. 
  8. Moralejo, Juan José (2010). "Topónimos celtas en Galicia". Paleohispanica. Revista sobre lenguas y culturas de la Hispania Antigua (en castelán) (10 (Serta Paleohispanica in honorem Javier de Hoz)): 101–102. ISSN 1578-5386.