Nottingham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNottingham
Imaxe

Localización
Mapa
 52°57′18″N 1°08′57″O / 52.955, -1.1492Coordenadas: 52°57′18″N 1°08′57″O / 52.955, -1.1492
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsMidlands do Leste
Condado cerimonialNottinghamshire
ÁreaCity of Nottingham (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación289.301 (2011) Editar o valor em Wikidata (3.877,51 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie74,61 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude61 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Arnold (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación600 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoNottingham City Council (en) Traducir , (Escano: 55) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalNG Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0115 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSUKF14 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Liubliana (1963–)
Minsk (1966–)
Karlsruhe (1969–)
Harare (1981–)
Gante (1985–)
Ningbo (2004–)
Timișoara (2009–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webnottinghamcity.gov.uk Editar o valor em Wikidata

Nottingham é unha cidade e un distrito de Inglaterra, capital do condado de Nottinghamshire, Reino Unido. É a cidade que crece con maior rapidez en Inglaterra e a segunda de todo o Reino Unido, só superada por Glasgow. A súa poboación en 2006 era de 286.400 habitantes. A conurbación, o Gran Nottingham, atinxía, no mesmo ano, 666.358 habitantes. A cidade ocupa o sétimo lugar de Inglaterra pola súa poboación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O centro da cidade é a vella Market Square (Praza do Mercado), en torno a cal se encontran as principais rúas comerciais, por encima das cales áchase a Council House. O centro de Nottingham áchase sobre do río Leen e os seus confíns meridionais seguen o curso do río Trent, que flúe entre Stroke e Humber.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada polos anglosaxóns, foi conquistada polos viquingos. No século IX era unha das cinco cidades fortificadas do Danelaw. Desde as súas orixes, parte do asentamento incluía cavernas artificiais escavadas en arenito. Neste período o asentamento tivo diversos nomes, como Tigguo Cobauc ("Cidade das grutas") e Snottingaham (do nome do xefe anglosaxón Snot). O S, desapareceu co tempo. No século XI foi construído un castelo sobre un afloramento de arenito no río Trent, arredor do cal, paulatinamente, se desenvolveu un burgo.Tornouse nun condado corporativo no ano 1449.

Tranvía pasando cerca da Council House

A guerra civil inglesa comezou en Nottingham en 1642, cando o rei Carlos I de Inglaterra alzou o seu estandarte sobre o castelo de Nottingham. O castelo antigo foi destruído polos partidadrios do Parlamento, vitoriosos no 1651. Unha vila-castelo foi reconstruída polo duque de Newcastle no mesmo sitio, mais foi arrasada no ano 1831 durante as revoltas do período da Reform Act.

No século XIX Nottingham fíxose famosa pola súa industria de encaixes, mais a súa importanza económica non durou demasiado, aínda que a actividade perdure no presente na cidade. Foi elevada ao status de cidade con ocasión das celebración do 75º aniversario do reinado raíña Vitoria en 1897.

Distritos[editar | editar a fonte]

Distritos urbanos de Nottingham[editar | editar a fonte]

Distritos extra-urbanos[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

Nottingham alberga dúa universidades: a Universidade de Nottingham (University of Nottingham) e a Universidade de Nottingham Trent (Nottingham Trent University) (antiga Politécnica de Trent ou Trent Polytechnic). Xuntas atenden uns 40.000 estudantes de curso completo. O hospital universitario, Nottingham University Hospital, é o maior hospital do Reino Unido. En outubro de 2007 a Unipol Student Homes abriu un despacho en Nottingham para axudar a estudantes das dúas universidades que estean a buscar hospedaxe.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]