Normes de Castelló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Normes Ortogràfiques de Castelló son unhas normas ortográficas de 1932 que adaptan as normas oficiais do Institut d'Estudis Catalans obra de Pompeu Fabra ao valenciano. A Acadèmia Valenciana de la Llengua, o ente normativo oficial para o valenciano establecido en 1998, segue no fundamental as Normas de Castellón para codificala.

Diante a anarquía ortográfica e gramatical que mantiñan os escritos en valenciano, unha parte seguía fielmente as normas do IEC, outra utilizaba a ortografía castelá máis ou menos adaptada e aínda outra utilizaba unha ortografía arcaizante, a revista Taula de Lletres Valencianes fixo un chamado, Als escriptors valencians i a les publicacions valencianes, en 1930 para uniformar a escrita por medio dun acordo. A idea vai gañando adeptos e a Societat Castellonenca de Cultura recolle a iniciativa, en decembro de 1932 54 escritores e 14 entidades culturais asinan o acordo para establecer a coñecidas como Normas de Castellón que supuxeron a aceptación da normativa fabriana, lixeiramente adaptada, e a asunción da unidade da lingua catalá sen renunciar ao nome de lingua valenciana.