Noreña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNoreña
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°23′38″N 5°42′24″O / 43.394, -5.7067Coordenadas: 43°23′38″N 5°42′24″O / 43.394, -5.7067
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor em Wikidata
CapitalNoreña Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación5.058 (2023) Editar o valor em Wikidata (956,14 hab./km²)
Número de fogares2.251 (2011) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie5,29 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude207 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Noreña (en) Traducir Editar o valor em WikidataCésar Movilla Anta Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE33042 Editar o valor em Wikidata

Páxina webaytonorena.es Editar o valor em Wikidata

Noreña é un concello e unha parroquia de Asturias, cunha superficie de apenas 6 km² (o de menor extensión no Principado) e unha poboación de 4.600 habitantes (2004), soportando unha elevadísima densidade de máis de 767 hab./km².

Noreña é así mesmo unha entidade de poboación, ao tempo capital do concello, na que vive máis do 90 % da poboación do municipio.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Noreña é un enclave no concello de Siero. Linda en todas as direccións con parroquias de Siero: ao norte coa de Anes; polo sur coa de Hevia; polo leste con La Carrera e polo oeste coa de Argüelles.

A súa situación é moi próxima aos núcleos maiores do Principado.

Ten tres parroquias: Celles, Noreña e Santamarina.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde finais do século XIV, Noreña foi unha xurisdición dos bispos de Oviedo, que ostentaban o título de condes de Noreña. Esta situación mudou coa chegada do liberalismo, converténdose nun concello independente a partir de 1835.

Economía[editar | editar a fonte]

Noreña desfruta da renda per cápita máis alta de Asturias. A economía noreñense apóiase nunha importante industria de embutidos e no sector servizos. Noreña véndese como capital gastronómica do Principado.

Festas[editar | editar a fonte]

  • 24 de abril, San Marcos, patrón dos carniceiros. É festa moi popular polo seu entronque coa actividade produtiva máis coñecida do municipio.
  • 14 a 21 de setembro, Ecce Homo, é, porén, a festa máis populosa da localidade. Ten dous fermosas procesións, unha de baixada do Ecce-Homo dende a Capela da Soidade ata a igrexa de Santa María, nocturna. E outra, o día grande, ás 12:30, de subida de novo á capela, na que Noreña adoita ter ata 6.000 hab. (cando a súa poboación non chega ós 5.000).

Lugares de interese[editar | editar a fonte]