Nordica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nordica
IATA
EE
OACI
EST
Indicativo
REVAL
Fundación25 de setembro de 2015
Inicio das operacións8 de novembro de 2015
Plan de voo frecuenteMiles & More
Frota12
Destinos19
HoldingAS Nordic Aviation Group
Eslogan da compañíaEesti moodi eriline
SedeTalín, Estonia
Páxina web: https://www.nordica.ee/

Nordica é a aeroliña nacional de Estonia. A compañía é propiedade do estado estoniano, ten a súa sede en Talín e está aseada no aeroporto desa cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

A compañía fundouse o 25 de setembro de 2015 por decisión do goberno estoniano co nome de Nordic Aviation,[1] tras a liquidación da anterior aeroliña nacional, Estonian Air. As operacións comezaron o 8 de novembro dese meso ano cun voo entre Talín e Ámsterdam.

O 30 de marzo de 2016 anunciouse que o novo nome da aeroliña sería Nordica.[2][3]

No primeiro ano a aeroliña eslovena Adria Airways operou a meirande parte dos voos de Nordica mentres esta se facía coa súa propia frota e tripulación. Dende o 19 de novembro de 2016 Nordica estableceu unha asociación estratéxica con LOT Polish Airlines, usando a súa plataforma comercial, o seu sistema de billetes e o seu código de voo.[4]

Frota[editar | editar a fonte]

CRJ900

Nordica está en proceso de facerse coa súa propia frota. En xaneiro de 2017 a súa frota estaba formada polos seguintes avións:[5]

Frota de Nordica
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
P Y Total
Bombardier CRJ700 2 4 66 70
Bombardier CRJ900 4 2 88 88
Total 6

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eesti Rahvusringhääling (ed.). "Nordic Aviation Group takes over Estonian Air routes". Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  2. Air Transport World (ed.). "Estonia’s Nordic Aviation rebrands as Nordica". Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  3. Postimees (ed.). "Nordica: oleme kriitikast üllatunud". Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  4. The Baltic Course (ed.). "Estonian Nordica enters into strategic partnership with Polish LOT". Consultado o 10 de febreiro de 2017. 
  5. Planespotters (ed.). "Frota de Nordica". Consultado o 10 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]