Nome de Nesut-Bity

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nome de Nesut-Bity
en xeroglífico
nswt&bity Ca1SPACECa2

Nome de Nesut-Bity ou Nome de Trono, significa literalmente O da Abella e o Xunco e a súa tradución fidedigna é O Señor das Dúas Terras xa que os xeroglíficos fan referencia: a abella ao Alto Exipto mentres que o xunco ao Baixo Exipto. Sintéticamente defínese como o rei do Alto e Baixo Exipto e representase da forma da dereita.

Thutmose II.Deir el-Bahari.

No Imperio Medio de Exipto, dinastías XI e XII, os faraóns recibían cinco títulos. Engadían ao nome de nacemento outros catro máis cando accedían ao trono. Eran os seguintes: Nome de Horus, Nome de Nebty, Nome de Horus de Ouro, Nome de Trono e Nome de nacemento.

Era o xeito máis frecuente de representar un nome real, incluíndoo dentro dun cartucho, símbolo formado por unha corda ovalada cos extremos anudados.

Xorde a mediados da dinastía II con Sened, Neferkaseker e Peribsen, tamén se utilizou durante a dinastía III con Nebka e Huny, aínda que o seu uso só se fixo habitual logo da dinastía IV.

Snefru, o primeiro rei da dinastía IV, preconiza o uso do cartucho rodeando o nome real; desde entón o nome de Nesut-Bity, dentro do cartucho, substituíu o nome de Horus como título principal do faraón. O Nome de Nesut-Bity é o utilizado con maior frecuencia nas Listas Reais.

O título de Nesut-Bity está totalmente desvinculado de calquera crenza relixiosa: ten un carácter xeográfico, asociando ao rei a dúas especies naturais características dos ambientes do Alto e Baixo Exipto que conforman os dominios do rei como unión dos contrarios.
F. Raffaele

Véxase tamén[editar | editar a fonte]