Noise pop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noise pop
Orixe musicalrock alternativo, noise rock, power pop
Orixe culturalmediados dos 80 no Reino Unido e os Estados Unidos
Instrumentos típicosvoz, batería, guitarra eléctrica, teclados, baixo, sintetizadores
Derivadosshoegazing

O noise pop é un subxénero do rock alternativo desenvolvido a mediados dos anos 80 no Reino Unido e nos Estados Unidos que mestura ruído disonante ou feedback, ou ámbolos dous, coa instrumentación melódica e elementos que adiatan a atoparse na música pop, facéndoo máis melódico que o noise rock.

Historia[editar | editar a fonte]

O noise pop foi descrito como "o punto medio entre o bubblegum e a música de vangarda". Combina a composición tradicional de cancións pop con ruído, guitarras distorsionadas e zunidos. The Velvet Underground foi unha grande influencia no xénero, cos seus experimentos con feedback e distorsión nos seus primeiros álbums. Algunhas das primeiras bandas estadounidenses de rock alternativo como Sonic Youth e Dinosaur Jr., que mesturaban estruturas de temas rock con guitarras distorsionadas, foron os precursores inmediatos. The Jesus and Mary Chain está considerado o primeiro grupo noise pop, e o seu álbum de estrea, Psychocandy, guiaría o xénero. Outra importante banda dos inicios é Yo La Tengo. Posteriormente o noise pop dos 80 sería fonte de inspiración para o movemento shoegaze británico. O noise pop continuou sendo influente no indie rock dos anos 90.