Nick Heidfeld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nick Heidfeld (46 anos)

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Alemaña Alemán
Anos en activo 12, 20002011
Escudería(s) Prost, Sauber, Jordan, Williams, BMW Sauber, Renault
Grandes Premios disputados 185 (183 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 13
Pole positions 1
Voltas rápidas 2
Primeiro GP Gran Premio de Australia de 2000
Derradeiro GP Gran Premio de Hungría de 2011


Nick Heidfeld naceu en Mönchengladbach o 10 de maio de 1977, é un piloto de coches alemán. Por razóns de traballo reside en Mónaco. Está solteiro, mide 1'64 metros e pesa 59 quilos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a utilizar o seu kart no 1986 pero non entraba en competicións. Xa no 1988 comezou a competir e ata 1993 non se desfixo do kart. Entre esas dúas datas atópase outra importante, o 1991, ano no que deixou os karts e participou no ADAC Junior Trophy . Logo participou dous anos na Fórmula Ford alemá, o primeiro quedou campión, xa que gañou 8 das 9 carreiras da tempada e ao segundo ano participou na Fórmula Ford 1800, onde acabou segundo. Grazas aos seus resultados nesa categoría conseguiu entrar na Fórmula 3000 alemá.

Ao ano seguinte, en 1997 continuou na F3 pero, esta vez quedou campión, ante a súa anterior actuación no 1996, que quedara terceiro. No 1998 participou na F3 europea, quedando subcampión no equipo West Junior.

No 1999 na F3 pero tamén comezou como piloto de probas na Fórmula 1 no equipo McLaren. No 2000 recibiu unha oferta para ser piloto oficial de Fórmula 1 no equipo Prost Grand Prix, esa temporada non foi moi boa para Nick xa que o monopraza non respondía como el quería e tivo varios abandonos na tempada.

Xa no 2001 se instalou nun equipo un pouco máis estable que o anterior ao firmar un contrato con Sauber, no que sería compañeiro de equipo de Kimi Raikkonen. Ao finalizar esa tempada Mika Häkkinen anunciou o seu retiro e, como Nick era máis constante e obtiña mellores resultados que Kimi pensaron que quería o seu substituto, aínda que o que obtivo a praza foi o finlandés. Isto obrigou a Nick a seguir dous anos máis na mesma escudería.

Logo, xa que estaba desprazado pola escudería firmou contrato con Jordan e alí estivo dous anos nos que, a pesar da mala calidade do seu monopraza obtivo bos resultados, aínda así, a escudería non quixo seguir con el e, este ano 2005 está en Williams xunto con Mark Webber